Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 07 de febreiro de 1996 Páx. 1.012

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 1995, da Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural, pola que se modifican as bases definitivas da zona da concentración parcelaria de Covas-Esmelle-Marmacón-Mandiá (Ferrol-A Coruña).

A concentración parcelaria da zona de Covas-Esmelle-Marmacón, concello de Ferrol (A Coruña) foi declarada de utilidade pública e urxente execución por Decreto 257/1983, do 15 de decembro, acordándose por resolución da Dirección Xeral de Planificación e Desenvolvemento Agrario, de data 27 de novembro de 1985, amplia-lo perímetro da dita zona comprendendo a parroquia de Santa Uxía de Mandiá. Con data 28 de novembro de 1990 foron aprobadas as bases definitivas da dita zona.

Con posterioridade a esta aprobación e elaborado o proxecto da rede de camiños de concentración parceleria da zona, a necesidade de adaptarse ó novo deslindamento do dominio publico marítimo-terrestre que vai realizar a Administración do Estado, ó Plan Xeral de Urbanismo do Concello de Ferrol, á protección dos depósitos arqueolóxicos detectados na zona, o alto número de transmisións patrimoniais e recoñecementos de descoñecidos que convertiron a documentación integrante destas bases en obsoleta e, o respecto ós principios de cooperación e coordenación entre administracións públicas que teñen que presidir toda actuación destas, basean a conveniencia de actualiza-las bases definitivas do proceso concentrador que nos ocupa, polo que,

Visto o expediente administrativo, os informes emitidos polos servicios técnicos desta consellería, a Lei de reforma e desenvolvemento agrario, do 12 de xaneiro de 1973, a Lei galega 10/1985, do 14

de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, a Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, o Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da Lei de costas, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, esta dirección xeral, en uso das facultades que lle veñen conferidas pola disposición adicional segunda da citada Lei galega,

RESOLVE:

1. Autoriza-lo Servicio Provincial de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña a levar a cabo tódalas actuacións necesarias para a actualización das bases definitivas de concentración parcelaria da zona de Covas-Esmelle-Marmacón-Mandiá (Ferrol-A Coruña).

2. Proceder a realiza-las seguintes exclusións do proceso concentrador:

2.1. Excluí-la extensión de terreo comprendido entre o límite da zona de influencia de costas e a liña de costa que delimita o dominio público marítimo-terrestre.

2.2. Excluír, así mesmo, as zonas incluídas nos seguintes subperímetros:

2.2.a. Mina de Cobarredeiras (Cobarredeiras-Covas).

2.2.b. A Toupeira (Raxón-Cobas).

2.2.c. Necrópole de Espadañido (Mámoas 1 e 2).

2.2.d. Castro de Tralocastro (Tralocastro-Esmelle).

2.2.e. Castro de Papoi ((Papoi-Marmancón).

2.2.f. Castro de Vilela (Vilela-Mandiá).

2.2.g. Castro dos Castros (Fraga-Mandiá).

2.2.h. O Casal (Esmelle).

2.2.i. O Murado (Castido-Esmelle).

2.3. Excluí-lo subperímetro que abarca a masa húmida situada ó sureste do Comunal das Cabezas rodeada de parte do C-33, C-37, C-37.a e C-35, a estrada que une Esmelle coa que une Covas con San Xurxo e esta última.

Faise constar que contra a presente resolución cabe interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 1995.

Ángel Ligero Fraile de Tejada

Director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural

534