Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 07 de febreiro de 1996 Páx. 1.011

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A.: IN407A 95/190-2-libro de rexistro: 4441 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica que ten por características principais as seguintes:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: rúa Cidade de Viveiro, 27000 Lugo.

Denominación: reelectrificación do Burgo, S. Xoán do Alto e Veral.

Situacións: Lugo.

Descripcións técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, de 627, 1.465, 294, 54, 988, 609 e 437 metros de lonxitude, conductor LA-56 con apoios de formigón e torres metálicas. Sete centros de transformación de 50 o 100 kVA. 20.000/380-220 V. Liñas de baixa tensión en conductores R.Z.-95-50-25, sobre apoios de formigón ou grampados en fachadas, nos lugares de Astariz, S. Matías, Vilaestévez, Carballido, Real, Veral, Rebordaos, Carrigueiros e O Burgo, no concello de Lugo.

Orzamento: 81.962.865 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 18 de decembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

730