Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 07 de febreiro de 1996 Páx. 1.011

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A.: IN407A 95/188-2-Libro de rexistro: 4464 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica que ten por características principais as seguintes:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: rúa Cidade de Viveiro, 27000 Lugo.

Denominación: rede de baixa tensión en Leiras.

Situacións: Meira.

Descripcións técnicas: rede de baixa tensión cunha lonxitude de 450 metros, en conductor R.Z.-50, cunha tensión de 380-220 V, en Leiras, concello de Meira.

Orzamento: 2.537.890 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 16 de decembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

96-276