Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 07 de febreiro de 1996 Páx. 1.011

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de decembro 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A.: IN407A 184-2/1995-Libro registro: 4442 A.T.).

Os efectos pevenidos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Astuarianas, S.A.

Enderezo social: r/ Cidade de Viveiro, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T. subterránea e C.T. para piscina municipal.

Situación: Ribadeo.

Descripcións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 680 metros, e con cable designación une 15/25 kV de 1x150 mm Al. Centro de transformación de 630 kVA 20.000 ±5%-398/230 V.

Orzamento: 5.552.245 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 16 de decembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

96-273