Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 07 de febreiro de 1996 Páx. 1.011

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A.: IN407A 186-2/1995-Libro rexistro: 4444 A.T.).

Os efectos prevenidos no artigo 9 do Decreto 2617/1996, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Enderezo social: r/ Cidade de Viveiro, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T. subterránea entre subestación O Ceao e subestación r/ Conde 2ª fase.

Situación: r/ Conde (Lugo).

Descripcións técnicas: canalización subterránea de M.T. de 4.209 metros en conductor D.H.V. 18/30 kW de 1x400 mm de Al. 91 arquetas de M.T., para mellora do servicio eléctrico na zona-Lugo.

Orzamento: 77.643.023 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial no prazo de trinta días.

Lugo, 5 de decembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-0277