Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 06 de febreiro de 1996 Páx. 965

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (182/1992).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dá fe de que nos autos de xuízo executivo nº 182/1992, seguidos neste xulgado, se dictou sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentencia. En Santiago de Compostela, o vintedous de novembro de mil novecentos noventa e tres. Vistos por Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo executivo nº 182/1992, promovidos por Caixa de Aforros de Galicia, S.A., representada polo procurador Jesús Raposo Quintás, e defendido polo letrado, contra Antonio Rodríguez Zamora, Olga Suárez López e mercantil Ofimática Rodríguez Zamora, S.L., declarados en rebeldía, sobre reclamación de cantidade.

Decido que debo mandar e mando segui-la execución adiante, ata facer remate nos bens embargados e que no sucesivo se lle poidan embargar ós debedores Antonio Rodríguez Zamora, Olga Suárez López e mercantil Ofimática Rodríguez Zamora, S.L.

e co seu producto, enteiro e cumprido pagamento ó acredor, da cantidade de 7.104.604 ptas. de principal, máis 2.000.000 de ptas. calculadas, sen prexuízo de posterior liquidación, para xuros, gastos e custas causadas e que se causen, as cales expresamente lle impoño á parte demandada. Expídase e únase certificación desta resolución ás actuacións, e inclúase o orixinal no libro de sentencias.

Contra esta resolución cabe interpor ante este xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días. Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ós demandados na forma e modo que a lei prevé para os rebeldes, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lles sirva de notificación en forma ós demandados Antonio Rodríguez Zamora, Olga Suárez López e mercantil Ofimática Rodríguez Zamora, S.L., expido o presente edicto en Santiago de Compostela o vintedous de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

72