Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 06 de febreiro de 1996 Páx. 964

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (44/1990).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz de primeira instancia e instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber:

Que neste xulgado se tramita xuízo de faltas núm. 44/1990, a pedimento de José Barreiro Creo, contra Eladio Pérez López, e nas súas actuacións a Audiencia Provincial da Coruña dictou sentencia cun encabezado e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

A Coruña, vintesete de abril de mil novecentos noventa e cinco.

Francisco Javier Cambón García, maxistrado, como persoal unipersoal da sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, pronunciou a seguinte sentencia.

No recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, en xuízo de faltas número 44/1990, seguido por falta de danos en accidente, no que figuran como apelantes Francisco Cierto Costa e José Barreiro Creo, e como apelado, Eladio Pérez López, Alicia Castrillón Varela e AGF, sendo parte así mesmo o Ministerio Fiscal, decido:

Que rexeito o recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada polo maxistrado-xuíz de Instrucción número dous de Santiago de Compostela, con data 26-6-1990, resolvéndose o xuízo de faltas núm. 44/1990, e debo confirmar e confirmo a dita resolución e declaro de oficio as custas desta alzada.

Expídaselle ó xulgado expresado certificación desta resolución con devolución das dilixencias que remitiu para a súa execución.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e lles sirva de citación a Alicia Castrillón Varela e José Barreiro Creo, expido e asino en Santiago de Compostela o vintedous de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado.

81