Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 06 de febreiro de 1996 Páx. 964

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (223/1995).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifica que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de xuízo

divorcio nº. 223/1995, cun encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o vinteoito de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, viu os presentes autos de proceso de familia, sobre divorcio, seguidos neste xulgado baixo o número 223/1995, a pedimento de Inmaculada Iglesias Pardo, representada polo procurador Merelles Pérez e defendida polo letrado Míguez Cajade, contra o seu esposo Javier Varela Rozas, que foi declarado en rebeldía procesual e nos que foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo estimar e estimo a demanda de divorcio interposta polo procurador Fernández Pérez, en nome e representación de Inmaculada Iglesias Pardo, contra o seu esposo Javier Varela Rozas, declarado en rebeldía procesual, declarando disolto o matrimonio por divorcio de ámbolos cónxuxes, cos demais efectos legais inherentes ó dito pronunciamento e aqueles que solicitou a nai na petición da súa demanda.

Non se fai condena en canto ás custas procesuais.

Firme esta resolución, comuníqueselle de oficio ó Rexistro Civil no que conste inscrito o matrimonio dos litigantes.

Notifíqueselle a presente resolución ó demandado rebelde nalgunha das formas legalmente previstas.

Contra esta resolución poderá interporse neste xulgado recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días contados desde a súa notificación».

A sentencia foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e lle sirva de notificación en forma ó demandado en situación procesual de rebeldía Javier Varela Rozas, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vinteoito de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Asinado

123