Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 06 de febreiro de 1996 Páx. 964

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 1996 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de expresión gráfica na enxeñería, do departamento de Deseño na Enxeñería, a Faustino Patiño Barbeito.

Consonte a proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 3 de marzo de 1995 (BOE do 24 de marzo), para a provisión dunha praza de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de expresión gráfica na enxeñería, do departamento de Deseño na Enxeñería da Universidade de Vigo, a prol de Faustino Patiño Barbeito, DNI nº 76.328.263, e cumprindo o interesado os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Faustino Patiño Barbeito profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de expresión gráfica na enxeñería, do departamento de Deseño na Enxeñería da Universidade de Vigo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 17 de xaneiro de 1996.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

117