Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 06 de febreiro de 1996 Páx. 965

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación e de emprazamento (323/1994).

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en resolución do día de hoxe, dictada en autos de xustiza gratuíta e de separación conxugal, tramitada neste xulgado co número 323/1994, demanda formulada por Isolina Fernández Seijas, defendida polo letrado Salvador Antonio Rodríguez Gavela, e representada polo procurador Manuel Merelles, contra Ramón Enrique Hernández y Naspe, en paradoiro descoñecido; por medio da presente cédula cítase o demandado Ramón Enrique Hernández y Naspe para que compareza neste xulgado o vindeiro día 28 de marzo, ás 9.30 horas para a celebración da xustiza gratuíta; así mesmo, por medio da presente cédula, emprázase o referido demandado co fin de que, no prazo de vinte días, compareza en autos, baixo apercibimento de que, de non facelo, será declarado rebelde e continuarán os autos o seu curso.

E para que así conste e lle sirva de citación e emprazamento o demandado Ramón Enrique Hernández y Naspe, en paradoiro descoñecido, mediante a publicación no DOG, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o vinteoito de decembro de mil novecentos e cinco.

O secretario

Rubricado

9600239