Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 06 de febreiro de 1996 Páx. 966

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (192/1990).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado, baixo o número 192/1990, se seguen autos de xuízo verbal civil, por instancia do procurador Julio Barreiro Fernández, en representación de Antonio Romero Fernández, contra a comunidade de propietarios dos números 2, 4 e 6 da avenida de Vilagarcía, representada pola procuradora Soledad Sánchez Silva, en reclamación de cantidade, actuacións nas que se acordou sacar á venda en primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo de valoración por perito, os seguintes predios embargados ó demandado:

1. Caldeira de calefacción marca Roca. Prezo de valoración: 50.000 ptas.

2. Caldeira de calefacción marca Lamborghini. Prezo de valoración: 75.000 ptas.

3. 17 manómetros C.C. Prezo de valoración: 85.000 ptas.

4. 2 motobombas marca Tavira Elorriaga. Prezo de valoración: 40.000 ptas.

5. 4 motobombas marca Drouard. Prezo de valoración: 80.000 ptas.

6. Bomba de presión marca Eusko Jaularitza. Prezo de valoración: 25.000 ptas.

7. Acumulador de auga quente, esmaltado en branco. Prezo de valoración: 30.000 ptas.

8. Conxunto de chemineas para saída de fumes. Prezo de valoración: 30.000 ptas.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito no novo edificio dos xulgados, rúa de Viena, polígono das Fontiñas, o próximo día 12 de marzo ás once horas, conforme as seguintes condicións:

1. O tipo de remate será o sinalado antes en cada un dos lotes, sen que se admitan posturas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para tomar parte na licitación, os licitadores deberán consignar previamente na mesa do xulgado ou na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, no BBV, nº de conta 1592-13-192-90, o vinte por cento do tipo do remate.

3. Poderanse facer ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel, o vinte por cento do tipo do remate.

4. Só o acredor poderá face-lo remate para cederllo a un terceiro.

5. Reservaranse en depósito por instancia do acredor as consignacións dos licitadores que non resultaren rematantes e que o admitan e cubrisen o tipo da poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumpre a obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que o sigan pola orde das súas respectivas ofertas.

Para o suposto de resultar deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o día 10 de abril, ás once horas, nas mesmas condicións cá primeira, excepto o tipo do remate que será do setenta e cinco por cento do da primeira. E no caso de resultar deserta a segunda, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 9 de maio, tamén ás once horas, rexendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

Dado en Santiago de Compostela o dez de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

9508307