Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 06 de febreiro de 1996 Páx. 966

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/186-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Feiraco S. Coop. Ltda.

Enderezo social: Ponte Maceira, s/n, 15830 Negreira.

Denominación: sistema de coxeración en Feiraco S. Coop. Ltda.

Situación: Ponte Maceira, s/n, Negreira.

Características técnicas: anteproxecto de instalación dun sistema de coxeración enerxía eléctrica-vapor de auga, consistente en:

-Dous motores de combustión interna, tipo diesel, de 1.150 kVA/U, de 16 cilindros en V, a 1.500 R.P.M.

-Dous xeradores sincronos de 1.365 kVA/U de pontencia, a 380/220 V. 1.500 R.P.M. e Cos º= 0,8.

-Dúas caldeiras de recuperación para un aproveitamento útil de 727.500 kCAL/H/U.

-Depósitos almacenamento combustible e aparellaxe eléctrica de protección, mando e sinalización.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas ale-

gacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 28 de novembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9600215