Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 06 de febreiro de 1996 Páx. 967

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 400/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de subestación transformadora no Castro-Ponte, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: no Castro-Ponte, concello de Silleda.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: subestación transformadora a 66/20 kV con dous módulos de liña a 66 kV, un módulo de protección do transformador, un transformador trifásico de 15 MVA, relación de transformación 66/20 kV, cinco saídas de liña a 20 kV.

Orzamento: 180.000.000 de ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 7 de decembro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9600279