Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 06 de febreiro de 1996 Páx. 951

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 1995, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se declara de utilidade pública e se recoñece a condición de instalación acollida ó réxime especial, do Parque Eólico de Malpica, termo municipal de Malpica de Bergantiños. (Expte. 70/1994).

Vista a solicitude presentada o 1 de xullo de 1994 por Antonio Martínez, en nome e representación da empresa Ecotecnia, S.C.C.L., con domicilio para efectos de notificacións en r/ Demóstones, nº 6 - baixo. 08028 Barcelona, na que solicita autorización administrativa, declaración de utilidade pública e condición de instalación acollida ó réxime especial do Parque Eólico de Malpica, termo municipal de Malpica de Bergantiños.

Resultando que con data 7 de decembro de 1995 se autorizou o cambio de titularidade do expediente á empresa Parque Eólico de Malpica, S.A. (Pemalsa).

Considerando que Pemalsa seguirá o plan industrial presentado por Ecotecnia, excepto no que se refire ás pas, multiplicadores e xeneradores.

Seguidos tódolos trámites regulamentarios sinalados para o efecto e vistos o informe favorable da delegación provincial, o informe favorable do Servicio Técnico Xurídico desta consellería, o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro sobre autorizacións de instalacións eléctricas e o artigo 10 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Ley 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aplicables a este expediente en virtude do que establece o apartado 2 da disposición transitoria segunda da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional; e visto o Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio e Decreto 292/1995, do 3 de novembro, en relación cos

decretos 2617/1966 e 2619/1966 xa citados e o Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro.

Esta dirección general,

RESOLVE:

Autorizarlle a empresa Parque Eólico de Malpica, S.A. (Pemalsa) a instalación dos equipos electromecánicos e declarar en concreto a utilidade pública das instalacións seguintes para os efectos de expropiación forzosa :

-Instalación de 67 aeroxeradores de 225 kW/u de potencia, montados sobre torres metálicas tubulares, de 28 m de altura, con rotor de 3 pas de 13,7 m de lonxitude por pa, situadas en:

Dentro do termo municipal de Malpica, na zona de Nariga, no lugar de Picos de Navas, dentro do

polígono definido polos vértices que teñen as seguintes coordenadas:

V (43º 19' 14''.1 N, 8º 54' 25''.4 W)

V (43º 19' 14''.9 N, 8º 52' 59''.1 W)

V (43º 18' 27''.6 N, 8º 52' 15''.7 W)

V (43º 17' 37''.3 N, 8º 53' 10''.7 W)

V (43º 18' 03''.3 N, 8º 53' 29''.4 W)

V (43º 18' 35''.3 N, 8º 54' 27''.6 W)

V (43º 18' 56''.7 N, 8º 54' 35''.6 W).

Establécense como condicións as seguintes:

1. Para recoñecerlle ó parque eólico autorizado a condición de instalación acollida ó réxime especial do R.d. 2366/1994, e incluílo no grupo a) do Art. 2 do dito R.d. será necesario inscribila no rexistro de instalacións de producción de enerxía eléctrica en réxime especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14-7).

2. O promotor presentará ante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, no prazo de trinta días contados a partir da data da notificación da presente resolución, a documentación necesaria para a execución do parque eólico autorizado.

3. O importe do investimento do aeroxerador que se contratará a empresas situadas en Galicia, será superior ó 50%, excluíndo as pas, multiplicadores e xeradores. En canto á inversión total do parque, o importe que Pemalsa contratará con empresas situadas en Galicia será superior ó 60 %.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencia ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1175/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario, ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado desde a súa publicación, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 1995.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

604