Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 06 de febreiro de 1996 Páx. 949

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 1995, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza a instalación dun sistema de coxeración con aproveitamento de residuos forestais á empresa Allarluz, S.A., e se inclúe a mesma no réxime especial creado polo Real decreto 2366/1994. (Expediente número IN408A 94/4).

O Concello de Allariz a través da empresa municipal Allarluz, S.A., representada polo seu alcalde-presidente Anxo Manuel Quintana González e con domicilio para efectos de notificación en Praza Maior, nº 1, 32660 Allariz (Ourense), solicitou autorización administrativa para a instalación dun sistema de coxeración con aproveitamento de residuos forestais, para os efectos do recoñecemento da súa condición de instalación acollida ó réxime especial do Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, e da súa inclusión no grupo b) do artigo 2 do dito real decreto, acompañado para tales efectos o proxecto de execución.

A dita pranta de coxeración situarase en terreos propiedade do concello de Allariz, próximos á dita localidade segundo plano de situación que figura no proxecto de execución.

Resultando, que de conformidade co establecido no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o artigo 10 do Decreto 2619/1966, de outubro, que desenvolve a

Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense, dictou resolución de data 8 de abril de 1994 pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación da referida planta de coxeración, que se publicou no DOG do 19-10-1994 e no BOP de Ourense de 5-9-1994, no BOE de 28-9-1994 e no diario local La Región de 6-9-1994, non presentándose no período legalmente establecido para iso alegación ningunha.

Resultando, que a planta de coxeración, da que se solicita autorización administrativa, ten as seguintes características técnicas básicas:

Nesta primeira fase non se contempla o sistema de distribución de calor, senón soamente o de producción de enerxía eléctrica.

O equipo productivo da central coxeradora, aloxado nunha edificación integrada por dous corpos pegados de 40 x 14 metros en planta e unha altura de 12 metros está constituída por:

-Un grupo turbo-xerador de dúas etapas con extracción de vapor intermedia, a primeira composta por unha turbina a contrapresión e a segunda por unha a condensación. As turbinas, a través de cadanseu redictor 14.000/1.500 r.p.m moverán o aternador.

-Un alternador síncrono de tensión nominal 6 kV e potencia en bornas 2.500 kVA, 50 Hz.

-Un transformador de potencia de 2.500 kVA, con relación de transofrmación 0,66/20 kV.

-Un transformador de servicios auxiliares de 400 kVA, con relación de transformación 0,38/20 kV.

-Cela de acoplamento de conexión á rede de 20 kV.

-Elementos e mecanismos auxiliares de protección, control e manobra automatizados para as distintas operacións.

Resultando, que a solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense.

Considerando, que a Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio, e 292/1995, do 3 de novembro, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro.

Considerando, que se cumpriu a tramitación regulamentaria, e que a planta de coxeración proxectada supera a porcentaxe do 90% para a combustible prin

cipal, a base de residuos sólidos urbanos, residuos industriais, biomasa ou outros similares, esixidos polo artigo 2 b) do Real decreto 2366/1994, ó utilizar como combustible residuos producidos nas industrias de transformación da madeira, basicamente serradoras, cortizas e biomasa.

Esta Dirección Xeral de Industria,

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder autorización administrativa á empresa Allarluz, S.A. para a instalación dunha planta de coxeración, que se situará en terreos propiedade do concello de Allariz.

Segundo.-Aproba-lo proxecto de execución da dita pranta de coxeración.

Terceiro.-Recoñecer a aquela a condición de instalación acollida ó réxime especial do Real decreto 2366/1994, e incluíla no grupo b) do artigo 2 do dito real decreto.

Como requisito necesario para a aplicación á dita instalación do réxime especial, a citada empresa deberá inscribi-la planta no Rexistro de Instalación de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industira e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14-7-1995), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 11 do Real decreto 2366/1994, presentando a documentación que figura nas instruccións dictadas por esta dirección xeral en desenvolvemento da citada orde.

Calquera modificación das instalacións autorizadas e do tipo de combustible indicado, requirirá unha nova solicitude de autorización administrativa, de acordo co artigo 17.4º do Real decreto 1775/1967, do 22 de xullo, que fixa o réxime de instalación, ampliación e traslado das industrias en xeral.

En relación coa Lei de protección atmosférica corresponde á pranta utorizada a cualificación no apartado 3.1.1 do grupo C, do Decreto 833/1975, do 6 de febreiro, polo que se desenvolve a Lei 38/1972, do 22 de decembro, de protección do ambiente atmosférico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 1995.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

468