Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 05 de febreiro de 1996 Páx. 909

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación do convenio colectivo de ámbito provincial do persoal laboral do Concello de Ourense.

Visto o texto do convenio colectivo para o persoal laboral do Concello de Ourense (código nº 3200710) con entrada nesta delegación provincial, subscrito entre os representantes da Administración, pola parte económica, e os membros do comité de empresa (UGT, CIG e CC.OO), en representación dos traballadores, o día 27 de outubro de 1995 de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado por Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Ourense, 22 de decembro de 1995.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

Convenio para o persoal do Concello de Ourense

Capítulo I

Ámbito de aplicación

Artigo 1º.-Ámbito persoal.

As normas contidas no presente convenio son de aplicación a todo o persoal laboral do Concello de Ourense, incluído o servicio municipal de Deportes, independentemente da súa relación fixa ou temporal e ós pensionistas e orfos menores de idade naquelas materias que os afecten.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

O presente convenio, na súa parte social, rexerá desde o 1-1-1994 ata o 31-12-1995, prorrogándose automaticamente ata ser substituído por un novo convenio. As materias retributivas serán sometidas a negociación anual.

Capítulo II

Garantías

Artigo 3º

As condicións pactadas nesta convenio forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa aplicación práctica serán consideradas global e conxuntamente, quedando subordinadas a calquera disposición xeral de categoría superior que puidese

ter efectos máis favorables para os empregados públicos. As melloras do presente convenio poderán ser compensadas e absorbidas en cómputo anual con aquelas outras melloras iguais ou equivalentes que, dentro do seu ámbito temporal, se puidesen establecer por disposición legal.

Artigo 4º

Quedan reservadas á negociación colectiva todas aquelas materias que, directa ou indirectamente, afecten as condicións de traballo do persoal deste concello e, particularmente, retribucións, oferta de emprego, cadro de persoal e relacións de postos de traballo, sistemas de selección, promoción e provisión de postos de traballo, xornada laboral, calendario de vacacións, réxime disciplinario, xestión de servicios e métodos de traballo, seguridade e hixiene e dereitos sindicais e de participación.

Artigo 5º.-Comisión de seguimento.

Ós 30 días da aprobación do convenio constituirase unha comisión de seguimento, en forma paritaria, entre membros da comisión de Goberno e os representantes legais dos traballadores, sen que o seu número exceda de 10.

A comisión será presidida por quen designen as partes de mutuo acordo, sendo designado polo mesmo procedemento un secretario. Calquera membro poderá ser asistido por asesores así como presentar ante a comisión os diferentes conflictos e irregularidades que se poidan presentar sobre a interpretación e aplicación do convenio.

A comisión reunirase nun prazo máximo de 72 horas desde a petición de calquera das partes, sendo o seu acordo de aplicación práctica nos termos que se conclúan.

As funcións e actividadades da comisión non impedirán, en ningún caso, o libre exercicio da xurisdicción administrativa, da contenciosa ou da social, previstas no ordenamento xurídico.

As partes adhírense por vontade expresa ó Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos de Traballo.

Capítulo III

Organización do traballo

Artigo 6º

A organización do traballo será competencia do alcalde con suxeición á lexislación vixente. Cando se deriven repercusións sobre as condicións de traballo, procederá a negociación nos termos fixados no artigo 4º.

Artigo 7º.-Clasificación profesional.

Ten por obxecto a determinación, ordenación e definición das diferentes categorías dos empregados públicos. O seu estudio, denominación e contido será realizado e determinado pola Mesa Xeral de Negociación.

Do mesmo xeito, a Mesa Xeral de Negociación procederá a fixar mecanismos e criterios de promoción horizontal para realiza-la reconversión de

categorías que vexan suprimidos os postos de traballo propios.

Artigo 8º.-Traballos de superior e inferior categoría.

A realización de traballos de superior e inferior categoría responderá a necesidades excepcionais imprevisibles e perentorias e durará o mínimo tempo imprescindible.

A) A adscrición dun traballador a un posto de superior categoría farase por decreto da Alcaldía, con comunicación ós representantes legais dos traballadores, o que implica automaticamente o devengo das retribucións complementarias que correspondan ó posto desempeñado. O tempo máximo que un traballador pode estar nesta situación será de 6 meses, transcorridos os cales outro traballador ocupará o seu lugar. Exceptúanse desta regra os postos reservados a funcionarios con habilitación de carácter nacional.

B) A adscrición a un posto de inferior categoría será realizada por decreto da Alcaldía e non suporá mingua de retribucións. Baixo ningún concepto se poderá adscribir un traballador para realizar funcións ou ocupar un posto catalogado cun nivel de destino inferior en máis de dous graos ó consolidado persoalmente polo traballador, ou ó que lle corresponda á súa categoría profesional. O período máximo desta situación será de 3 meses, transcorrido o cal retornará ó posto de procedencia e non volverá a ocupar posto de inferior categoría ata pasados dous anos e ata que non se produza unha rotación total do persoal capacitado para o desenvolvemento das funcións obxecto de traballo de inferior categoría. Deste límite exceptúanse as situacións orixinadas por segunda actividade.

Será preceptiva a comunicación previa, debendo ser oída, en todo caso, a representación legal dos traballadores na comisión de seguimento.

C) Os postos cubertos en situación de inferior e superior categoría incluiranse obrigatoriamente na seguinte oferta de emprego público.

Artigo 9º.-Segunda actividade.

1. A corporación e os representantes legais dos traballadores concretarán, dentro das medidas de reorganización, os postos de traballo que poidan ser considerados aptos para a creación dunha escala auxiliar dentro da relación de postos de traballo. Dentro dun prazo de 60 días trala aprobación do presente convenio formarase a dita escala auxiliar, definindo as funcións que teñan que ser realizadas polo persoal que se adscriba ós ditos postos. A eles adscribirase o persoal que teña minguadas as súas facultades e así fose considerado polos servicios médicos competentes.

O persoal pasará a escala de segunda actividade nos seguintes casos: por incapacidade para o exercicio da súa función habitual e voluntariamente por idade ó cumpri-los 55 anos.

2. A adscrición individualizada será realizada, oída a comisión de seguimento, tendo en conta as

aptitudes necesarias para desempeña-lo posto, por aplicación sucesiva dos seguintes criterios:

A) Enfermidade invalidante

B) Nivel de incapacidade

C) Idade

3. Todo o persoal que pase á escala auxiliar conservará o total de retribucións que viña percibindo, salvo que se pase á dita escala voluntariamente sen ter minguadas as súas facultades. A inclusión de vacantes orixinadas por adscrición a postos de segunda actividade na seguinte oferta de emprego será negociada cos representantes legais dos traballadores.

Artigo 10º.-Xubilación por invalidez.

1. No suposto de que un traballador presente incapacidade manifesta para o exercicio das súas funcións, poderá solicita-la xubilación por invalidez, sen prexuízo de situacións de segunda actividade. Neste caso o concello farase cargo da diferencia existente entre a súa pensión e as retribucións que en cada momento lle correspondesen en situación de activo, sen que en ningún momento a dita diferencia resulte inferior á existente na data de xubilación. As ditas cantidades percibiranse ata que o traballador reúna os requisitos para a xubilación forzosa.

2. O concello tamén estará facultado para tramitar esta xubilación de oficio, sendo oída a comisión de seguimento.

3. En caso de os órganos competentes denegaren a incapacidade, o traballador poderá solicita-la xubilación voluntaria, producíndose os mesmos efectos económicos que os sinalados no parágrafo primeiro.

Artigo 11º

1. A empregada municipal embarazada terá dereito a que, se o posto de traballo que desempeña é prexudicial para o seu estado, se lle encomenden funcións acordes coas súas circunstancias.

2. Todo comportamento ou situación que atente contra o respecto ou a intimadade dos traballadores/as e as conductas de acoso sexual verbais ou físicas serán tratadas como faltas disciplinarias, en función da repercusión persoal do feito.

Nos supostos en que se leven a cabo as ditas conductas servíndose da súa relación xerárquica coa persoa ou persoas con relación funcionarial ou laboral, non fixa, a sanción aplicarase no seu grao máximo.

O comité de empresa, xunta de persoal, seccións sindicais ou representantes dos traballadores, así como os responsables da Administración, velarán polo dereito á intimidade do traballador/a afectado/a, silenciando a súa identidade cando así fose requirido e gardando reserva sobre os feitos.

Capítulo IV

Ingreso, promoción e provisión de postos

Artigo 12º.-Ingreso no Concello de Ourense.

1. Logo de negociación cos representantes legais dos traballadores, o concello aprobará no prazo dun

mes desde a aprobación dos orzamentos municipais a súa oferta de emprego público, que conterá obrigatoriamente tódalas prazas vacantes e será convocada durante o primeiro trimestre do ano.

A oferta pública de emprego reservará:

A) A porcentaxe máxima que a lei prevexa para a incorporación dos diminuídos ó emprego público.

B) Un dous por cento para a mobilidade dos traballadores doutras administracións locais de Galicia que, a título de reciprocidade, teñan recoñecido tal dereito.

C) A porcentaxe máxima que a lei prevexa para a promoción interna.

2. A oferta de emprego público será negociada cos representantes legais dos traballadores, os cales participarán na elaboración e redacción das bases reguladoras de cada convocatoria. Os procedementos de selección, contratación, promoción e provisión realizaranse mediante convocatoria pública, baixo os principios de igualdade, mérito e capacidade e aténdose ó disposto na normativa de acceso á función pública.

3. O ingreso no Concello de Ourense realizarase polo sistema de concurso oposición, salvo impedimento legal, no cal a fase de concurso será valorada co 45% da puntuación total do concurso oposición.

4. A contratación laboral en réxime de duración temporal responderá a necesidades conxunturais e puntuais. Os sistemas de ingreso e selección serán os establecidos con carácter xeral no presente convenio, aténdose ó establecido nos parágrafos 2 e 3.

5. O conxunto de vacantes existentes no cadro de persoal conforma a oferta pública de emprego. Son vacantes os postos de traballo dotados orzamentariamente e non ocupados por persoal fixo do cadro e que non sexan obxecto de reserva por permiso, excedencias, comisión de servicio ou ILT.

As vacantes cubriranse pola seguinte orde de prelación:

-Reingreso do persoal excedente.

-Promoción interna horizontal.

-Promoción interna vertical.

-Promoción profesional.

-Oferta pública de emprego.

Artigo 13º

Os representantes legais dos traballadores no Concello de Ourense designarán un vocal nos tribunais de selección e nas comisións de valoración que actuarán con voz e voto, debendo ter titulación ou especialización igual ou superior á praza convocada.

Artigo 14º.-Promoción interna profesional.

1. Promoción interna vertical: consiste no ascenso dun grupo de titulación a outro superior. O Concello reservará a porcentaxe máxima de prazas para a promoción interna. O sistema de selección será o concurso-oposición, no cal a fase de concurso será valorada co 45% da puntuación total de concurso opo

sición. Os criterios que se valorarán na fase de concurso serán:

-Méritos académicos: 35%.

-Antigüidade: 30%.

-Méritos profesionais: 35%.

Na fase de oposición non serán esixibles os coñecementos acreditados en probas anteriores de ingreso ou outras de promoción.

En todo caso respectarase o disposto no artigo 10 do Decreto da Xunta de Galicia 93/1991.

2. Promoción interna horizontal: procederá cando, por calquera continxencia, se supriman prazas ou se declaren a extinguir. Neste caso, convocaranse cursos de capacitación entre o persoal afectado para o seu acceso a outras especialidades dentro do mesmo corpo ou subescala.

3. Promoción profesional: consiste no ascenso dunha categoría a outra superior, integradas ambas no mesmo grupo de titulación. O concello reservará a porcentaxe máxima legal de prazas para promoción profesional. O sistema de selección será o concurso-oposición. Os criterios do concurso serán os mesmos que os da promoción interna vertical.

4. Os representantes legais dos traballadores participarán na elaboración das bases, baremos, cursos e probas así como nos tribunais de selección ou valoración, segundo o disposto nos Arts. 12º e 13º.

Artigo 15º.-Provisión de postos.

Os sistemas de provisión de postos serán os seguintes:

1. Concurso: será o sistema normal de provisión. Os baremos destes concursos serán acordados cos representantes legais dos traballadores e terán que conte-los seguintes criterios:

-Méritos académicos: 35%.

-Antigüidade: 30%.

-Méritos profesionais: 35%.

Dentro dos méritos profesionais poderanse incluír probas de carácter práctico que non poderán ser eliminatorias, nin a puntuación supera-lo 75% da porcentaxe destes méritos.

2. Libre designación: proveranse mediante este sistema os postos de traballo que teñan nivel de C.D. superior a 28, sempre que así o permita a lexislación vixente, así como os postos de traballo directamente vinculados á alcaldía ou ós grupos políticos.

Estes sistemas garantirán, en todo caso, os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade. As convocatorias e as súas resolucións serán publicadas no BOP.

Artigo 16º

Os representantes legais dos traballadores formarán parte dos comités de valoración designando un representante.

Estes comités de valoración terán a seguinte composición:

-Presidente: o alcalde ou membro da corporación en quen delegue.

-Vocais: concelleiro responsable do réxime interior ou membro da corporación en quen delegue.

-Xefe do servicio: de réxime interior ou funcionario en quen delegue.

-Empregado público: elixido polo órgano de representación dos traballadores.

-Secretario: o da corporación ou funcionario en quen delegue.

Todo isto sen prexuízo do que en cada momento estableza a lexislación vixente en materia de composición dos tribunais para a selección de persoal na Administración local.

Capítulo V

Vacacións, permisos, licencias, excedencias e despedimentos

Artigo 17º.-Vacacións.

As vacacións anuais retribuídas terán a duración dun mes natural e desfrutaranse preferentemente nos meses de xullo, agosto e setembro.

Se, por necesidades do servicio, comunicadas expresamente coa anticipación mínima de dous meses, salvo casos imprevisibles, o traballador non puidese desfruta-las súas vacacións nos meses sinalados, terá o dereito de fixa-las vacacións á súa escolla e a desfrutar de 7 días naturais adicionais.

Non obstante, o traballador poderá solicitar da alcaldía desfrutar das súas vacacións en mes diferente ós sinalados no parágrafo primeiro, sen que iso xere dereito a desfrutar dos días adicionais.

O plan de vacacións anuais será elaborado antes do 1 de abril de cada ano para a súa negociación cos representantes dos traballadores.

As vacacións quedarán en suspenso cando con anterioridade ó seu inicio o traballador se encontre en situación de ILT. Neste suposto as vacacións desfrutranse dentro do ano natural noutro período, segundo as dispoñibilidades do servicio.

Artigo 18º.-Permisos.

Concederanse permisos retribuídos polas seguintes causas xustificadas:

A) Por nacemento ou adopción de fillos, 4 días.

B) Por morte ou enfermidade grave dun familiar en primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, 4 días. Se o suceso se produce en localidade distinta, serán 5 días. Se o parentesco é de 2º grao terase dereito a un día menos dos anteriormente sinalados.

C) Por traslado de domicilio, 2 días.

D) O traballador cun fillo menor de 9 meses terá dereito a unha hora de ausencia no traballo; este período poderase subdividir en dúas fraccións ou substituír por unha reducción de xornada de media hora.

E) Quen, por garda legal teña ó seu cargo algún menor de 6 anos ou un diminuído psíquico, físico ou sensorial, terá dereito a unha reducción de xornada en 1/3 ou a metade, con deducción proporcional de retribucións. Tamén se poderán acoller a este

dereito os empregados municipais que teñan ó seu cargo familiares en primeiro grao que por razóns de enfermidade precisen asistencia continuada.

F) Para concorrer a exames ou probas de avaliación en centros oficiais, o día da súa celebración e o tempo necesario para concorrer a eles xustificadamente.

G) Durante o tempo que duren os congresos ou reunións de carácter profesional, social, académico ou sindical, coa debida xustificación en función das necesidades do servicio.

H) Por asuntos propios sen xustificación, 9 días ó ano nos termos previstos na lexislación vixente, logo de resolución da Concellería Delegada de Persoal. De non poder desfrutarse dentro do ano natural, por razóns do servicio, poderase facer dentro do mes de xaneiro do ano seguinte.

I) Para o cumprimento dun deber público de carácter inescusable, o tempo imprescindible.

J) Os traballadores municipais que participen en procesos de negociación colectiva desfrutarán do permiso suficiente para o estudio e negociación establecido legalmente.

K) Por asistencia a cursos de perfeccionamento laboral directamente relacionados coa especialidade persoal do traballador, sempre que se derive unha mellora directa para o funcionamento dos servicios municipais e fosen autorizados previamente.

Artigo 19º.-Licencias.

Concederanse as seguintes licencias:

A) Por casamento, licencia retribuída de 15 días continuados.

B) En caso de enviuvar, o traballador municipal que teña fillos menores de 6 anos ou diminuídos que non desenvolvan ningunha actividade remunerada terán dereito a un mes natural de licencia retribuída.

C) Por parto, licencia retribuída que terá unha duración de 16 semanas, ampliables a 18 por parto múltiple. A licencia distribuirase a opción da interesada, garantindo un mínimo de 6 semanas posteriores ó parto. O pai poderá desfrutar do tempo pendente en caso de morte da nai. No suposto de traballar os dous cónxuxes, o pai poderá desfrutar das 8 semanas últimas.

D) Por adopción, licencia retribuída de 8 semanas como máximo desde a resolución xudicial ou administrativa cando se trata dun menor de 9 meses. Se se trata dun maior de 9 meses e menor de 5 anos a licencia terá unha duración máxima de 6 semanas contadas a partir da dita resolución e concederáselle unicamente a un dos pais.

E) Licencia por asuntos propios con duración acumulada máxima de 3 meses cada 2 anos de servicio activo.

Artigo 20º.-Excedencias.

Regularanse de conformidade coa lexislación vixente.

Artigo 21º.-Despedimentos

No caso de despedimento declarado improcedente polos órganos competentes, será o traballador quen opte entre a indemnización legal ou a súa readmisión.

Neste suposto, o custo derivado da indemnización e da readmisión, se é o caso, será soportado por quen se estableza na resolución xudicial.

Capítulo VI

Xornada e descansos

Artigo 22º.-Xornada laboral.

1. A xornada laboral será de 37 horas semanais e realizarase en 35 horas durante os 5 primeiros días da semana, de luns a venres nos servicios administrativos e naqueloutros que o permitan, e sempre con dous fins de semanas, completos e libres ó mes como mínimo.

2. Nos servicios administrativos e naqueloutros que o permitan, a xornada laboral realizarase en 35 horas durante os primeiros cinco días da semana de luns a venres. A diferencia entre esta xornada efectiva e a establecida no parágrafo anterior constituirá un crédito horario que se distribuirá, ó 50% para a realización de cursos de perfeccionamento do persoal e para a atención de necesidades extraordinarios dos servicios.

3. A comisión de seguimento será a encargada de controla-la correcta aplicación do establecido neste artigo.

4. Todo isto coa posibilidade de implantación do horario flexible.

5. Como anexo II ó presente acordo procederase a determina-lo cadro horario aplicable a cada servicio municipal. No suposto de aplicar xornadas especiais ou sistemas de traballo baseados en cantidade de obra (tarefas por exemplo) entenderase cumprida a totalidade da xornada unha vez ultimado o traballo fixado.

6. Establécese, por imperativo legal, a obrigatoriedade de manter aberta os sábados a dependencia de rexistro. A atención desta na dita dependencia en día de semana realizarase mediante quenda rotatoria entre o persoal adscrito a oficinas que realice funcións como auxiliar administrativo e administrativo.

7. Ó traballador municipal que curse estudios oficiais facilitaráselle a selección de quenda de traballo se tal é o sistema que se segue no seu servicio, para lle permitir unha maior compatibilidade co horario lectivo non de titoría. Tal escolla non poderá ser revogada se non existe reclamación doutro traballador afectado ou resolución motivada da corporación.

8. Establécense como días non laborables e non recuperables o 24 de decembro (Noiteboa) e o 31 de decembro (Noitevella), garantindo, en todo caso, os servicios mínimos das dependencias consideradas indispensables.

A festa de Santa Rita será tamén inhábil, con cargo ó crédito expresado no parágrafo segundo do presente artigo destinado a cursos de perfeccionamento.

Calquera reducción de xornada por festas, Nadal, etc. alcanzará a tódolos traballadores do concello, compensando coa mesma reducción noutras datas ós que non as poden desfrutar por razón de servicio, e a petición do traballador afectado, segundo as necesidades do servicio.

9. Nos servicios que requiran cambio de vestiario, os traballadores terán 10 minutos á entrada e 15 minutos antes da saída para a muda de roupa e o seu aseo persoal.

Artigo 23º.-Descansos.

Todo traballador municipal terá dereito a desfruar dun descanso de 20 minutos durante a súa xornada diaria, que se computará, para tódolos efectos, como tempo traballado efectivo. Nos supostos de xornadas especiais ou traballos que dificulten o descanso diario ó longo da xornada, poderase concentrar ó principio ou ó final da xornada.

O descanso entre xornada e xornada será como mínimo de 12 horas. O descanso semanal mínimo ininterrompido será de día e medio e desfrutarase preferentemente entre a tarde do sábado e o domingo.

Capítulo VII

Réxime de retribucións

Artigo 24º.-Retribucións.

O sistema retributivo para o persoal do Concello de Ourense virá definido pola seguinte estructura e conceptos:

1. Retribucións fixas de carácter mensual:

Soldo base: determinado pola pertenza a un grupo de titulación. A súa contía determinarase en función do establecido na Lei de presupostos xerais do Estado.

Antigüidade: determinada por trienios. A contía consistirá nunha cantidade igual para cada grupo por cada 3 anos de servicio no corpo ou escala, clase ou categoría.

Complemento de destino: corresponde ó nivel asignado do posto que se desempeñe.

Complemento específico: estará destinado a retribuí-las condicións particulares dos postos de traballo en atención á súa especial dificultade técnica, dedicación, responsabilidade, incompatibilidade, perigosidade ou penosidade.

2. Retribucións variables de carácter mensual:

Incrementos do complemento específico de acordo co disposto no presente convenio incluirá os seguintes conceptos: plus de nocturnidade, plus de festividade e plus por traballos para outros concellos ou fóra do termo municipal.

3. Retribucións de vencemento periódico superior a un mes:

Pagas extraordinarias: serán dúas ó ano, devengadas nos meses de xuño e decembro, por importe mínimo cada unha delas das retribucións básicas e complementarias.

4. Retribucións por cantidade de traballo:

Gratificacións: de acordo co disposto no artigo 26º do presente convenio.

5. Retribucións compensatorias de gastos:

Serán de aplicación por analoxía as disposicións dictadas para os traballadores dependentes da Administración do Estado. Entre outros incluirán os seguintes conceptos: indemnizacións, auxudas de custos e asistencia a tribunais.

Retribución do convenio garantida. Todo traballador, independentemente da natureza da modalidade de contratación ou tipo de relación de servicios que preste no centro de traballo, percibirá como retribución mínima a fixada nas táboas salariais, catálogo ou relación de postos para a categoría de operario.

Artigo 25º

Os empregados municipais soamente poderán ser remunerados polos conceptos e nas contías que se determinen no presente convenio e no seu correspondente anexo, sen poder percibir, por tanto, remuneracións diferentes nin participar en distribución de fondos de ningunha clase.

Artigo 26º.-Gratificacións.

1. Establécese a prohibición de realizar traballos extraordinarios fóra da xornada normal, salvo as excepcións necesarias e cun tope máximo do equivalente a 50 horas extraordinarias anuais. Só se retribuirán aqueles traballos que fosen previamente autorizados pola alcaldía ou concelleiro delegado de persoal. Exceptúanse da regra anterior os traballos necesarios para prever ou reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes; neste caso xustificaranse unha vez realizados nun prazo non superior a 5 días hábiles. Cando exista a necesidade de realizar traballos extraordinarios repartiranse de forma equitativa entre o colectivo afectado.

2. Mensualmente informarase ós representantes dos traballadores de todo o que concirne a gratificacións.

3. O importe da hora extra por grupo para o ano 1995 será:

Grupo A: 1.620 ptas.

Grupo B: 1.560 ptas.

Grupo C: 1.505 ptas.

Grupo D: 1.449 ptas.

Grupo E: 1.337 ptas.

Se os traballos se realizan en horario nocturno ou festivo as cantidades sinaladas incrementaranse nun 10%.

Estas cantidades aumentaranse anualmente co incremento sinalado nos orzamentos xerais do Estado en materia de retribucións de funcionarios.

4. As gratificacións por traballos extraordinarios aboaranse exclusivamente na folla de salarios.

Artigo 27º.-Plus de nocturnidade.

O traballador que desenvolva a súa tarefa en horario nocturno percibirá por cada hora de traballo efectivo o seguinte plus:

(Retribución anual/xornada anual) X 0,25

Entenderase como hora nocturna a comprendida entre as 22 horas e as 7 horas do día seguinte.

Artigo 28º.-Plus de festividade.

De traballar en domingo ou festivo, o empregado municipal percibirá un plus por horas segundo o seguinte cálculo:

(Retribución anual/xornada anual) X 0,25

Artigo 29º.-Traballos para outros concellos ou fóra do termo muncipal.

De traballar para outro concello ou fóra do termo municipal, o empregado municipal percibirá por cada hora traballada o seguinte plus:

(Retribución anual/xornada anual) X 0,25

Artigo 30º.-Revisión salarial.

Sempre que o incremento do IPC ó final do ano supere o incremento experimentado a principio de ano polas retribucións do persoal procederase a unha revisión salarial na contía do diferencial así calculado.

Incremento IPC- Incremento retribucións.

Artigo 31º.-Retribucións en caso de baixa.

As enfermidades e accidentes que impidan o normal desempeño da función darán dereito a licencia con plenitude de dereitos económicos. O traballador terá a obriga de someterse ós controis médicos que se coiden convenientes por parte da corporación e a facilita-las visitas médicas.

No suposto de accidente laboral o traballador cobrará a totalidade dos conceptos que lle corresponderían tal como se realizase a súa xornada normal, ou, en caso de non estar previsto, a media das cantidades recibidas o último ano.

Capítulo VIII

Dereitos sociais

Artigo 32º

O concello formalizará un seguro de cobertura das posibles responsabilidades civís de todo o persoal que preste os seus servicios nel e polos actos que realicen por razón do seu traballo. Este seguro será concertado por unha casa especializada e na «contratación» determinación do mesmo será oída a comisión de seguimento. No seu defecto o concello asumirá toda a responsabilidade.

Artigo 33º

O concello designará ó seu cargo a defensa do traballador que, como consecuencia, en exercicio das súas funcións, sexa obxecto de actuacións xudiciais, asumindo o concello as custas e gastos que se deriven, incluídas fianzas, salvo nos casos en

que se recoñeza na sentencia dolo, culpa, neglixencia grave ou mala fe por parte do traballador. O tempo que o empregado municipal empregue nas actuacións xudiciais derivadas da súa función será considerado para tódolos efectos como tempo de traballo efectivo.

Artigo 34º

O concello garantirá a adscrición do empregado municipal que preste os seus servicios como conductor a un posto de traballo adecuado ós seus coñecementos, no caso de retirada temporal ou definitiva do carné de conducir cando esta se deriva do exercicio das súas funcións e non exista dolo, culpa, neglixencia grave ou mala fe por parte do traballador.

Así mesmo por retirada definitiva do carné, por enfermidade ou por minguaren as súas facultades físicas de xeito que lle impidan a renovación daquel, sen prexuízo do seu paso a un posto de segunda actividade.

O concello farase cargo dos gastos de renovación do permiso de conducir dos traballadores que, pola súa función, realicen traballos de conducción de vehículos a motor.

Artigo 35º

Por petición do interesado o concello concederalle ós seus empregados anticipos de ata 4 mensualidades completas, cun tope máximo de 500.000 ptas. A súa devolución efectuarase mediante deduccións mensuais en nómina, sen xerar ningún interese. O prazo (para a devolución) fixarao o interesado dentro dos seguintes máximos.

14 meses para os anticipos de 1 mensualidade.

24 meses para os anticipos de 2 mensualidades.

36 meses para os anticipos de 3 mensualidades.

48 meses para os anticipos de 4 mensualidades.

Todo isto enténdese en función das dispoñibilidades orzamentarias e tralo preceptivo informe de Intervención. A partida que o concello asigna para anticipos fíxase en 40.000.000 de ptas. anuais.

Se se solicitase un novo anticipo, tendo aínda pendente de reintegrar parte do anterior, será preciso ingresar en Tesourería a cantidade pendente de reintegro, condición sen a cal non se procederá ó pagamento do novo anticipo.

No caso de que o anticipo sexa solicitado por un traballador contratado por obra ou servicio determinado, deberase garanti-la súa devolución mediante un aval bancario pola totalidade da contía solicitada e que non se poderá cancelar sen a previa autorización do concello.

Artigo 36º

Establécese unha axuda por natalidade ou adopción legal e nupcialidade de 15.000 ptas. Tamén se establece unha axuda por defunción do traballador en servicio activo en cantidade de 100.000 ptas. que se aboará cando se presente a solicitude.

Estas axudas son independentes das que poidan conceder outros organismos.

Artigo 37º

1. Establécese unha axuda de matrícula para os traballadores municipais que cursen estudios en centros de ensino oficial, consistentes no 80% do importe da matrícula. No caso de disciplinas repetidas non existirá tal dereito. Non obstante, no caso de obter bolsa doutro organismo oficial para este fin, esta axuda será a contía da diferencia entre a dita bolsa e o 80% do importe da matrícula.

Os cursos de posgrao impartidos en centros oficiais exceptúanse da regra anterior e darán dereito como máximo a unha axuda consistente no 40% dos gastos de matrícula con límite de 100.000 ptas., sempre e cando, ó final do exercicio económico exista remanente na partida do fondo social.

2. Establécese unha axuda de librería para o empregado municipal e tamén para cada fillo matriculado en centro de ensino oficial polas contías seguintes:

Preescolar, EXB, FP1 ou ensinanzas básicas: 15.000 ptas.

BUP, COU, FP2 ou ensinanzas medias: 25.000 ptas.

Facultade, escola técnica ou ensinanzas universitarias: 40.000 ptas.

A axuda para facultades, escolas técnicas ou ensinanzas universitarias será de unha por curso académico, sempre que sexan obxecto de matrícula un mínimo de tres disciplinas.

3. Establécese unha axuda para sufraga-los gastos de gardería de fillos menores de 4 anos na contía de 6.000 ptas./mes. Estes gastos terán que ser xustificados con factura oficial.

Artigo 38º

O traballador municipal que teña compañeiro/a ou fillos en situación de incapacidade absoluta, incapacidade parcial ou minusvalidez superiores ó 33% e non realicen traballo retribuído, percibirá a cantidade de 10.000 ptas. mensuais salvo que perciban pensión de minusvalidez ou incapacidade de organismo oficial superior ó 75% do SMI.

Artigo 39º

1. Establécese unha axuda para o empregado municipal, compañeiro/a e fillos para gastos de odontoloxía, consistentes no 50% do importe da factura oficial, senque a dita axuda poida supera-la cantidade de 50.000 ptas./ano, de axuda por beneficiario.

2. Establécese unha axuda para o empregado municipal compañeiro/a e fillos para gastos de oftalmoloxía (lentes ou lentes de contacto graduadas), consistente no 50% do importe da factura oficial, sen que a dita axuda poida supera-la cantidade de 50.000 ptas. ó ano por beneficiario. Esta axuda só se aboará cando os gastos deriven de modificacións

das condicións oculares debidamente acreditadas ou non de perdas ou deterioración e limitarase ó custo de substitución dos elementos ópticos, non afectando a monturas ou similares.

3. Establécese unha axuda para o empregado municipal compañeiro/a e fillos para gastos de adquisición de próteses ortopédicas, auditivas, etc. e que non sexan cubertas pola seguridade social ou seguro de accidentes. A dita axuda ascenderá ó 50% da factura oficial e non poderá supera-la cantidade de 50.000 ptas ó ano por beneficiario.

Artigo 40º.-Gastos médico-farmacéuticos.

O traballador, ou o seu compañeiro/a ou fillos economicamente dependentes del, que se encontre en situacións que requiran tratamento médico-farmacéutico cun custo superior ó 10% do seu salario mensual, terá dereito ó aboamento do 50% dos gastos farmacéuticos que deriven del, sempre e cando os medicamentos se encontren incluídos nas listas dos que facilita a Seguridade Social. Esta axuda é incompatible con calquera outra co mesmo fin, especialmente coas de oftalmoloxía e odontoloxía.

Artigo 41º

1. O custo para atende-las axudas dos artigos 36 ó 40 será de 15.000.000 de ptas. para o ano 1995 (máis o sobrante dos anos 1991, 1992, 1993 e 1994) e incrementaranse para anos sucesivos na mesma contía en que o faga o IPC oficial, sen prexuízo da negociación anual da contía do fondo. As contías anuais sobrantes serán acumulables no fondo social dos anos seguintes. Estas axudas solicitaranse cada ano en que se teña dereito e ata o 31 de decembro de cada ano e pagaranse dentro dos dous primeiros meses do ano seguinte. No suposto de que o montante das solicitudes supere a cantidade dispoñible procederase ó rateo, unha vez deducidas as axudas de defunción.

2. Para ter dereito a estas axudas cómpre estar en activo un prazo mínimo de 6 meses dentro do ano de aplicación do fondo; exceptúase o persoal que se xubile este ano, os pensionistas e orfos menores de idade respecto das axudas que lle correspondan.

Artigo 42º.-O concello subscribirá un seguro coas seguintes premisas: asistencia sanitaria mínima 365 días, máxima ilimitada; suma asegurada en caso de morte ou invalidez absoluta 4.000.000 de ptas. Este seguro será concertado con casa especializada e na determinación del será oída a comisión de seguimento.

Artigo 43º

O concello garantirá en todo caso o quebranto de moeda sempre que non exista dolo, culpa, neglixencia grave ou mala fe do traballador.

Artigo 44º

Os empregados municipais terán dereito a unha reducción do 50% das tarifas establecidas para uso das instalacións de recreo e deportivas municipais.

Esta axuda tamén alcanzará o compañeiro/a e fillos do traballador economicamente dependentes del.

Artigo 45º

O concello asumirá o gasto por utilización do transporte público para os seus empregados no exercicio das súas funcións profesionais.

Artigo 46º

Os traballadores fixos poderán solicita-la xubilación voluntaria a partir dos 60 anos e terán dereito a unha prima por xubilación anticipada nas contías seguintes:

-Ós 60 anos: 5.000.000 de ptas.

-Ós 61 anos: 4.000.000 de ptas.

-Ós 62 anos: 3.000.000 de ptas.

-Ós 63 anos: 2.000.000 de ptas.

-Ós 64 anos: 1.000.000 de ptas.

Este dereito é incompatible co establecido no artigo 10º. Esta situación non implicará amortización do posto de traballo.

Para os efectos deste artigo habilitarase nos orzamentos municipais unha partida de 25.000.000 de ptas. anuais. Unha vez esgotada non se admitirán máis solicitudes ata o seguinte exercicio económico. Os remanentes da dita partida no serán acumulables a posteriores exercicios.

Artigo 47º

O concello asume o compromiso de elaborar un plano de vivendas sociais para os empregados municipais fixos no cal os estudios e proxectos serán realizados polos técnicos municipais e libre de taxas. Así mesmo, o concello poderá xestionar ante entidades de crédito unha liña preferencial de préstamos para a adquisición da vivenda habitual do seu persoal. Neste caso actuará como mero intermediario sen que a dita xestión supoña asunción de responsabilidades ou obrigacións económicas.

Capítulo IX

Seguridade e hixiene

Artigo 48º

O concello constituirá e dotará a esta entidade dun servicio de medicina de empresa e dun comité de seguridade e hixiene.

Artigo 49º

O servicio de medicina de empresa, nunha primeira fase, estará constituído por un médico que controle as baixas por enfermidade coas condicións médico-sanitarias dos traballadores municipais, colaborando xunto co comité de seguridade e hixiene.

Artigo 50º

Con carácter xeral, anualmente efectuarase un recoñecemento médico a tódolos traballadores municipais e do seu resultado teráselle que dar coñecemento. Quedará a xuízo do servico médico o tipo

de recoñecemento a que se deba somete-lo traballador. Este recoñecemento será voluntario e realizarase preferentemente dentro da xornada laboral.

Realizaranselle dúas revisións anuais e específicas ó persoal que desenvolve unha actividade de alto risco ou que o faga conveniente.

Ademais do recoñecemento xeral, os maiores de 50 anos poderán solicita-la realización dun exame cardiovascular.

O concello formalizará co Gabinete de Saúde Laboral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia a solicitude para a realización dos recoñecementos médicos do persoal do concello.

Artigo 51º

O Comité de Seguridade e Hixiene é o intrumento legal ó servicio do concello para o cumprimento das prescricións legais nesta materia. Estará constituído polos representantes legais dos traballadores e polo concelleiro de réxime interior ou persoa en quen delegue. Nomearase un presidente e un secretario e dotarase dun Regulamento de funcionamento. En canto non se constitúa, as súas funcións serán asumidas pola comisión de seguimento.

As súas funcións serán:

A) Promove-lo coñecemento e a observancia da normativa nesta materia.

B) Coñecer e recibir información dos riscos profesionais.

C) Estudio das situacións de perigosidade, accidentes ocorridos, analiza-las súas causas e realiza-las propostas motivadas de prevención.

D) Confeccionar un ficheiro de locais do concello e estudia-las súas condicións de seguridade e salubridade, para o cal contará co máximo apoio de axuda da corporación.

E) Realización e programación de campañas, cursos de mentalización e prevención de accidentes.

F) Pór en coñecemento dos órganos competentes as situacións de perigosidade e risco que se produzan con carácter de urxencia.

G) Realiza-la paralización provisional de traballos ante a presencia dun risco grave e inminente.

H) Realizar plans de evacuación.

I) Estudio do tipo e número de uniformes e prazos de entrega.

J) Estudio e proposta de material de seguridade persoal.

A competencia do comité de seguridade e hixiene alcanza a tódolos centros de traballo propios ou dependentes do concello. As conclusións deste comité trasladaranse á comisión de seguimento.

Artigo 52º

O concello proporcionará uniformes de traballo en concordancia co posto e función que se realice

seguindo a normativa vixente en materia de seguridade laboral.

O Comité de Seguridade e Hixiene informará previamente nesta materia. Soamente terán dereito a uniforme os postos de traballo que esixan un vestiario especial.

Con carácter xeral, o persoal do concello terá dereito a que se lle faga entrega da roupa de traballo no primeiro trimestre de cada ano. Para isto os xefes de cada servicio remitirán a relación correspondente no mes de outubro.

O vestiario que se entregará por servicios será o recollido no anexo III.

Artigo 53º

Cada servicio, sección, negociado ou unidade de traballo contará imperativamente cos medios necesarios de primeiros auxilios en perfectas condicións de utilización en todo momento, así como adecuados servicios hixiénicos e armarios individuais e duchas de auga quente naquelas dependencias onde os traballadores utilicen para desempeña-lo seu labor roupa distinta á da rúa.

Tamén contará co material necesario de seguridade persoal en perfectas condicións de uso.

Artigo 54º

Os membros do comité de seguridade e hixiene disporán do tempo necesario para asistir ás reunións ou para realiza-los cometidos sinalados polo propio comité. O réxime de control será o mesmo que para o comité de empresa.

Capítulo X

Dereitos sindicais

Artigo 55º

A corporación e os representantes legais dos traballadores comprométense a desenvolve-las condicións que permitan o pleno exercicio da liberdade sindical.

Artigo 56º

A representación do persoal desenvolverase de conformidade coa Lei orgánica de liberdade sindical e cantas disposicións desenvolvan esta materia.

Artigo 57º

1. Para cumprir coas súas funcións a administración porá ó dispor dos representantes legais dos traballadores un local adecuado e contará co espacio para cada sección sindical, medios materiais necesarios (mesas, cadeiras, arquivadores e material de oficina).

2. A administración facilitaralles ós representantes dos traballadores exemplares das publicacións oficiais (BOE, DOG, BOP).

3. Tódolos centros de traballo e dependencias contarán con taboleiros de anuncios exclusivamente sindicais. Calquera representante legal ou delegado sindical poderá acceder ás dependencias, oficinas e

servicios municipais, tendo dereito a ser informado dos asuntos que deba coñecer pola representación que ostenta. En todo caso este dereito compatibilizarase coa boa marcha das dependencias en cuestión.

Artigo 58º

É competencia dos representantes dos traballadores a defensa dos intereses xerais e específicos dos empregados públicos e, en particular, a negociación das súas condicións salariais, sociais e sindicais. Os representantes dos traballadores serán informados:

A) Das cuestións que afecten o persoal e vaian ser tratadas na comisión informativa de persoal. Notificaráselle-la orde do día e a acta da comisión anterior e permitiráselles na mesma comisión a presencia dos representantes legais dos traballadores para exporen as súas opinións, non estando presente nas votacións.

B) Daráselles audiencia en materia de sancións e expedientes disciplinarios.

C) Serán informados dos contratos de acordo coa lexislación vixente, facilitando copias básicas deles a tódalas seccións sindicais.

D) Da asignación de complementos, gratificacións, honras e disticións. Así mesmo, logo de petición, facilitaránselles resumos documentais de horas extras.

Artigo 59º

Os representantes dos traballadores terán a capacidade xurídica que o ordenamento lles outorgue para o exercicio de accións administrativas ou xudiciais que procedan no ámbito da súa competencia.

Artigo 60º

Os representantes dos traballadores terán que ser consultados preceptivamente en relación cos cambios de horario, quendas e postos de traballo, así como coa reestructuración e reorganización do cadro de persoal, tendo que acordarse estes temas cos representantes dos traballadores.

Artigo 61º

Recoñéceselle o dereito á folga de conformidade coa constitución e a normativa de desenvolvemento.

Ó persoal que exerza o seu dereito á folga deduciráselle como máxima as cantidades resultantes da aplicación das seguintes fórmulas:

a) Desconto por hora: RFM (6 X xornada semanal).

b) Desconto por día: RFM/30.

Sendo RFM retribucións fixas mensuais.

Artigo 62º

Os representantes legais dos traballadores non poderán ser discriminados na súa promoción profesional ou económica. Ningún deles poderá ser trasladado nin sancionado por motivos sindicais durante

o exercicio das súas funcións nin dentro do ano seguinte á expiración da súa condición.

Cada un dos membros dos órganos de representación así como o secretario das respectivas seccións sindicais e os delegados sindicais disporán de 38 horas mensuais para a realización das súas actividades coas seguintes especificacións:

A) Quedan fóra do cómputo as empregadas en negociación colectiva e en reunións da comisión de seguimento e da comisión informativa de réxime interior, persoal e gobernación.

B) A comunicación do seu uso realizarase con 24 horas de anticipación ou 48 se se ten traballo a quendas ante o servicio de réxime interior e o propio servicio. En caso de non o poder facer así, respectaranse as necesidades do servicio, pasando posteriormente notificación a réxime interior.

C) Tamén coa anticipación que sexa posible os membros das comisións negociadoras comunicarán no seu servicio a dita ausencia.

D) Mensualmente, por decisión do sindicato ó que pertenzan, poderanse acumula-las horas dos traballadores presentes nos distintos órganos de representación así como a dos delegados sindicais e as do secretario da sección sindical, un ou varios compoñentes das seccións sindicais dando coñecemento con anticipación suficiente a réxime interior con expresión de quen acumula e de quen procede.

Artigo 63º

Están autorizadas as reunións e asembleas nos centros de traballo fóra da xornada laboral.

Están autorizadas as reunións e asembleas nos centros de traballo dentro da xornada laboral e ata un máximo de 36 horas anuais; destas, 15 corresponderán ás seccións sindicais e as restantes ó comité de empresa.

Procurarase que a celebración de asembleas e reunións en xornada laboral coincidan coa entrada e saída dos traballadores.

Artigo 64º

Os representantes dos traballadores obríganse expresamente a:

a) Cumprir e respecta-lo pactado e negociado coa corporación.

b) Desenvolve-los labores de estudio e asistencia ó labor sindical.

c) Notificarlle á corporación calquera cambio de membros que se produzan no seu seo.

Artigo 65º

Calquera conflicto colectivo que se subscribe no ámbito deste convenio requirirá o coñecemento da comisión de seguimento e, no seu seo, arbitrarase a solución. Caso de non chegarse a ningunha solución, a comisión determinará as condicións e persoas a quen se someta a arbitraxe a cuestión controvertida, segundo o artigo 5º.

Logo de consulta á comisión de seguimento, tódalas condicións establecidas no convenio terán que ser interpretadas e aplicadas de forma que resulten máis beneficiosas para os empregados do concello, en caso de dúbida, ambigüidade ou escuridade no referente e sentido e alcance.

Capítulo XI

Formación profesional

Artigo 66º

O empregado municipal poderá acceder á realización de calquera curso de formación, perfeccionamento ou reciclaxe relacionada co posto de traballo, convocado polo concello ou calquera outro organismo, respectándose o principio de igualdade e de oportunidade.

A asistencia a cursos de formación, perfeccionamento ou reciclaxe por parte do persoal do concello será posta en coñecemento da comisión de seguimento.

Do mesmo xeito, a comisión de seguimento estudiará as solicitudes de asistencia a cursos organizados por ela e realizará as propostas que procedan.

A asistencia ós cursos será tida en conta para a promoción.

Artigo 67º

A comisión de seguimento planificará anualmente unha serie de cursos para o persoal do concello, os cales poderán ser concertados con outros organismos ou realizados directamente polo propio concello, o cal, dentro das posibilidades orzamentarias, facilitará os medios e recursos necesarios para a súa realización.

A mencionada planificación incluirá anualmente cursos para tódolos empregados municipais.

Artigo 68º

Os gastos de asistencia a cursos poderán ser aboados polo concello dentro das posibilidades orzamentarias.

Os gastos dos cursos obrigatorios dos empregados públicos en prácticas para a toma de posesión serán integramente aboados polo concello.

Capítulo XII

Faltas e sancións

Artigo 69º.-Faltas e sancións.

O réxime discipinario do persoal ó servicio desta corporación será o recollido na lexislación vixente para os funcionarios públicos, en especial, o disposto no Decreto da Xunta de Galicia 94/91 ou lexislación que o substitúa.

Disposicións adicionais

Primeira.-O persoal do concello incluído no ámbito deste convenio, sen prexuízo dos pluses e gratificacións que lle correspondan, unicamente per

cibirán as retribucións que se negocien anualmente e se determinen no presente convenio.

Segunda.

1. Para 1994 será de aplicación o seguinte:

a) As retribucións experimentarán o incremento que se determine na Lei de presupostos xerais do Estado ou normativa análoga.

b) As pagas extraordinarias comprenderán as retribucións básicas e complementarias.

c) De conformidade co artigo 30º do convenio establécese a cláusula de revisión salarial para 1994.

2. Para o ano 1995 aplicarase un novo catálogo e valoración de postos de traballo.

3. Para o ano 1995 e seguintes negociaranse anualmente as retribucións dos traballadores do concello que se incorporan como anexo ó presente convenio.

Terceira.-Baseándose no acordo adoptado polo concello en sesión plenaria do 2 de marzo de 1991, recóllese a equiparación salarial do persoal laboral co funcionario con efectos do 1 de xaneiro de 1991.

Cuarta.

1. Seranlle de aplicación ós pensionistas as materias incluídas nos seguintes artigos do presente convenio: 10º, 30º, 32º, 33º, 37º, 38º, 39º, 40º, 41º, 44º, 46º e 47º.

-Artigo 10º.-Xubilación voluntaria por invalidez

-Artigo 30º.-Revisión salarial (por liquidación de atrasos)

-Artigo 32º.-Responsabilidade civil e defensa xurídica

-Artigo 33º.-Defensa xurídica.

-Artigo 37º.-Axuda de estudios de librería e gardería.

-Artigo 38º.-Axudas por minusvalideces familiares.

-Artigo 39º.-Axudas de odontoloxía, oftalmoloxía e próteses.

-Artigo 40º.-Gastos médico-farmacéuticos.

-Artigo 41º.-Distribución do fondo social.

-Artigo 44º.-Bonificación de tarifas.

-Artigo 46º.-Xubilación voluntaria anticipada.

-Artigo 47º.-Vivendas sociais.

2. Serán de aplicación ós orfos menores de idade as materias incluídas nos seguintes artigos do presente convenio: 37º, 38º, 40º, 41º e 44º.

-Artigo 37º.-Axudas de estudios, libros e garderías.

-Artigo 38º.-Axudas por minusvalideces familiares.

-Artigo 39º.-Axudas de odontoloxía, oftalmoloxía e próteses.

-Artigo 40º.-Gastos médico-farmacéuticos.

-Artigo 41º.-Distribución do fondo social.

-Artigo 44º.-Bonificación de tarifas.

Quinta.-Todo empregado municipal en activo e fixo percibirá no momento da xubilación obrigatoria (65 anos) un premio de xubilación pola contía de 100.000 ptas.

O dito cobro deducirase da contía sobrante do fondo social e con base na súa aplicación dos anteriores artigos e, se este fose menor, rotaríase entre os solicitantes.

Disposición transitoria

Para o cumprimento dos acordos concellos-centrais sindicais do 20 de outubro de 1991, procederase de inmediato antes do fin de 1995, e ó amparo do Acordo Interprofesional Galego, sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo (A.G.A.), a someter a arbitraxe o incremento retributivo do 1,2% recollido na letra B da cláusula terceira do anexo I (retribucións), do anterior convenio vixente ata o 31 de decembro de 1994.

ANEXO III

VESTIARIO DE TRABALLO

Bombeiros:

2 camisetas.

2 pares de calcetíns.

1 pantalón.

2 pares de luvas de pel.

1 cazadora.

1 par de botas.

Vestiario de ximnasia (cada 2 anos):

1 camiseta.

1 pantalón de deportes.

1 par de zapatillas deportivas.

1 par de calcetíns.

1 chandal.

Cando se deterioren darase un casco, un cinto, unha corda, unha espita, luvas sanitarias, máscaras, etc., material de descenso, chaquetón Nomex.

Policía:

Para a Policía local rexerá o disposto no decreto da Alcaldía número 3667 do 10 de setembro de 1993, co aumento anual do IPC para a dita partida.

Conserxería:

1 traxe de vestir (cada 2 anos).

1 par de zapatos.

2 pares de calcetíns.

2 camisas.

1 garavata.

Pavillón de deportes:

1 traxe de faena.

2 camisas/camisetas.

1 par de botas.

1 par de zapatillas.

1 anorak.

1 chándal.

1 pantalón curto.

Limpeza edificios:

1 bata.

1 par de zocos (cada 2 anos).

2 pares de luvas de goma (mensual).

Cemiterios:

1 traxe de faena.

1 funda de exhumación.

2 camisas/camisetas.

1 par de botas.

2 pares de luvas de coiro.

1 par de luvas de goma (exhumación).

1 par de botas de auga (cada 2 anos).

1 máscara de exhumación.

1 anorak (cada 2 anos).

Parque móbil.

Taller:

2 fundas.

2 camisas/camisetas.

1 par de luvas de coiro.

1 par de botas.

1 anorak (cada 2 anos).

Conductores:

1 traxe de faena.

2 camisas.

1 par de zapatos.

1 anorak.

Brigadas- mantemento-electricistas-xardíns-tráfico-canceiro e laceiro:

1 traxe de faena.

1 funda.

2 camisas/camisetas.

2 pares de luvas de coiro.

1 par de botas.

1 traxe de augas (cada 2 anos).

1 anorak (cada 2 anos).

1 chaleco reflector (tráfico).

Brigadas de limpeza:

1 par de botas de coiro antideslizantes (cada 2 anos).

1 par de botas de auga.

1 traxe de faena de inverno.

1 traxe de faena de verán.

2 fundas (persoal de taller).

1 gorra.

1 traxe de auga flexible (cada 2 anos).

1 anorak.

1 chaleco reflector.

1 máscara antipó (vertedeiro).

Luvas de goma ríxida (nº necesario).

Inspección e vixilantes de obras:

1 par de botas de coiro.

1 anorak (cada 2 anos).

138