A Deputación Provincial de Lugo, en sesión celebrada o día 31 de xullo de 1995, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa, ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. A deputación remitiu documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 12 de decembro de 1995 de baixo o número 13324.
Os bens en que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.
A Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 10 novembro 1995 co nº de Rexistro de Entrada 10523.
Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, por estar incluídas no Plan Provincial de Obras e Servicios de 1995 e pola necesidade de te-la obra iniciada neste exercicio económico segundo as normas dos plans provinciais xa que do contrario malgastaríanse as subvencións doutras administracións e polo que é sumamente urxente dispoñer dos terreos para comeza-las obras.
A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.
Na súa virtude, e por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecinco de xaneiro de mil novecentos noventa e seis,
DISPOÑO:
Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial de Lugo para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de 74 POL 95 Ribeira de Piquín-De Chao de Pousadoiro a Cangos.
Santiago de Compostela, vintecinco de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Juan Miguel Diz Guedes
Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais
8542