Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 01 de febreiro de 1996 Páx. 837

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (325/1995).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de xuízo de separación nº 325 de 1995, que no seu encabezamento e parte dispositiva di literalmente:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o catro de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, viu os presentes autos de proceso de familia, sobre separación, seguidos neste xulgado baixo o número 325 de 1995, por instancia de María de los Ángeles Bascoy Barcia, veciña de Vilar de Calo (Teo), representada polo procurador Merelles Pérez e defendida polo letrado Gallego Losada, contra José Manuel Iglesias Boga, en situación procesual de rebeldía, e sendo parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta polo procurador Merelles Pérez, en nome e representación de María de los Ángeles Bascoy Barcia, contra José Manuel Iglesias Boga, declarado en rebeldía procesual, e sendo parte o Ministerio Fiscal, decretando a separación dos cónxuxes, cos demais efectos legais inherentes á dita declaración e os que se deixan sinalados na fundamentación xurídica desta resolución.

Non se fai condena en canto ás custas.

Notifíqueselle esta sentencia ó demandado rebelde dalgunha das formas previstas legalmente.

Unha vez firme esta resolución, comuníqueselle de oficio ó Rexistro Civil en que conste inscrito o matrimonio dos litigantes.

Contra esta resolución poderá interporse neste xulgado recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días, contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e sirva de notificación en forma á parte demandada, en situación procesual de rebeldía, José Manuel Iglesias Boga, en paradoiro descoñecido, expido e asino esta cédula en Santiago de Compostela o vinte de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

95-0590