Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 01 de febreiro de 1996 Páx. 837

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (166/1994).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela.

Fago saber, que neste xulgado se seguen autos de procedemento de xuízo executivo, co número 166/1994, por instancia do Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Regueiro Muñoz, contra Eduardo Rodríguez Rodríguez e María Mercedes Maceira Losada, nos que se acordou sacer a poxa pública, por termo de vinte días, os bens que logo se dirán, coas seguintes condicións:

Primeira.-Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o vindeiro día 21 de marzo, ás

11 horas, na sala de auidencia deste xulgado, polo tipo de 5.810.000 pesetas.

Segunda.-Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o vindeiro día 19 de abril, ás 11 horas, na sala de audiencia deste xulgado, coa rebaixa do 25% respecto do tipo da primeira.

Terceira.-Se resultase deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o vindeiro día 20 de maio, ás 11 horas, na sala de audiencia deste xulgado, se suxeición a tipo.

Cuarta.-Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

Quinta.-Para tomar parte en calquera das tres poxas tódolos licitadores, agás o acredor demandante, deberán consignar previamente o 20% do tipo para seren admitidos á licitación, calculándose esa cantidade na terceira poxa respecto ó tipo da segunda, e a devandita suma deberase ingresar na conta de depósitos e consignacións deste xulgado no Banco Bilbao-Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584-17-0166/94, presentando o xustificante de ingreso.

Sexta.-Os títulos de propiedade dos inmobles poxados atópanse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan nos autos e de que están de manifesto na secretaría do xulgado, para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, entendéndose que todo licitador os acepta como bastante, sen que poida esixir ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do demandante, se os houber, continuarán subsitentes e sen cancelar, entendéndose que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de os satisfacer, sen destinarse para a súa extinción o prezo do remate.

Sétima.-Poderán facerse ofertas en prego pechado.

Oitava.-No caso de que houbese que suspender calquera das tres poxas trasládase a súa celebración para a mesma hora do seguinte día hábil dentro da semana na que se sinalase a poxa suspendida.

Novena.-Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, agás a que corresponda ó mellor licitador, que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obriga e, se é o caso, como parte do prezo de venda.

Décima.-Se o pedise o acredor, ata o mesmo momento da celebración da poxa tamén se poderán reservar en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrirán coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexaran aproveita-lo remate os outros licitadores e sempre pola orde delas.

Décimo primeira.-O sinalamento do lugar, día e hora para o remte notificaráselle ó debedor, no predio ou predios poxados e, se é o caso, a publicación dos presentes edictos sirve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto da poxa.

Urbana.-Casa sinalada co nº 1 da rúa do Olvido de Santiago de Compostela, composta de planta baixa e piso alto, cunha superficie útil aproximada de 44 metros cadrados. Ten como anexo unha horta con caseta dunha área e vintedúas centiáreas de cabida.

Inscrita no Rexistro da Propiedade número 1 de Santiago de Compostela, ó tomo 1.047, libro 83, folio 172 e predio número 7.674.

Valorada en cinco millóns oitocentas dez mil pesetas (5.810.000 pesetas).

Santiago de Compostela, dezaoito de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

53