Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 01 de febreiro de 1996 Páx. 838

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación e citación de remate (255/1995).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada nos autos de xuízo executivo que co número 255/1995 se seguen neste Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, a pedimento de Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz contra Manuel Pires Domingos, en reclamación de 309.303 de principal, máis 200.000 que se calculan para xuros, custas e gastos, pola presente cédula fáiselle saber ó debedor Manuel Pires Domingos, que se atopa en ignorado paradoiro, que se embargaron, como da súa propiedade, os bens que máis adiante se describen, segundo dispón o artigo 1444 da Lei de axuízamento civil, sen o previo requirimento de pagamento, por ignorarse o seu paradoiro. E, ó propio tempo, cítase de remate e concédeselle o termo de nove días para que compareza nos autos e se opoña á execución, se lle conviñese; e prevéñoo de que, de non verificalo, se seguirá o xuízo na súa rebeldía, e recaerá sobre el o conseguinte

prexuízo.

Bens embargados:

-Parte legal do soldo que percibe como empregado da entidade Ferrovial, S.A., con domicilio social en Madrid, rúa Prícipe de Vergara, número 135, rúa Butrón, 31.

E para que conste e lle sirva de notificación e citación en forma ó debedor Manuel Pires Domingos, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintesete de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

Francisco Castiñeiras Fernández

Secretario

8537