Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 01 de febreiro de 1996 Páx. 837

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (98/1975).

No Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela se seguen autos de xuízo de maior contía número 98/1975, en fase de execución, a pedimento de Manuela Pérez Esturao, representada polo procurador Fernández Rial, contra Manuel Prado Moure e Gonzalo Cabo de la Sierra, sobre cumprimento de contrato e outros extremos; e por providencia do día da data acordouse cita-lo demandado Gonzalo Cabo de la Sierra ou os seus herdeiros co fin de que, no termo de 10 días, comparezan en autos e designen letrado e procurador, baixo apercibimento de que, de non verificalo, serán declarados en rebeldía e continuará o preito o seu curso.

E para que así conste e lle sirva de cédula de citación en forma a Gonzalo Cabo de la Sierra ou ós seus herdeiros, en paradoiro descoñecido, expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o un de setembro de mil novecentos noventa e catro.

O secretario xudicial

Rubricado

1