Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 01 de febreiro de 1996 Páx. 836

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (219/1986).

En virtude do acordado por providencia desta data recaída nos autos de xuíxo executivo nº 219/1986, notifícaselle ó demandado Galfish, S.A., a sentencia dictada nestes, que ten como encabezamento e parte dispositiva o que segue:

«Juan Luis Martínez López, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta capital, viu os presentes autos de xuízo executivo, promovidos por Caixa de Aforros de Galicia, representado polo procurador Carlos Fernández Rial e dirixido polo letrado Rafael Pardo Pedernera, contra compañía mercantil Galfish, S.A., declarado en rebeldía e que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados á compañía mercantil Galfish, S.A., e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte actora, das responsabilidades polas que se despachou a execución, a cantidade de 540.202 ptas., importe do principal, comisión e xuros pactados ata a data invocada; e ademais ó pagamento dos xuros de demora tamén pactados e as custas, ó pagamento dos cales debo condenar e condeno expresamente á parte demandada.

Contra esta sentencia poderase interpor neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuña para a súa unión ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

E para que sirva de notificación á demandada Galfish, S.A., declarada en rebeldía, expido o presente edicto para a súa inscrición no DOG, que asino en Santiago de Compostela o 6 de febreiro de 1995.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

61