Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 01 de febreiro de 1996 Páx. 836

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (100/1995-01).

Jorge Villar Trabazos, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo de faltas 100/1995-01, sobre lesións, sendo denunciante-prexudicada María del Carmen Martínez Sánchez, como denunciados Carlos Teruel Aragonés e Susana María Castro Dopico, como responsables civís subsidiarios Manuel Castro Calvo e Manuela Devesa Nodar e como responsables civís directos, as compañías de seguros L'Abeille Previsora e Mapfre, dictouse sentencia coa seguinte decisión:

«Que debo absolver e absolvo a Carlos Teruel Aragonés da falta pola que foi acusado, declarando as custas de oficio, e unha vez firme esta resolución déase conta co fin de dictar auto de contía máxima.

Así por esta miña sentencia, que será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpor recurso de apelación ante este xulgado perante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días desde a última notificación e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Carlos Teruel Aragonés, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o vintesete de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

62