Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 1996 Páx. 810

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (111/1994).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz de primeira instancia e instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido.

Fai saber: que neste xulgado se tramita xuízo de faltas número 111/1994, por instancia de Marcos Penas Vial e outro contra José Mario Polo Rodríguez e seis máis, nas súas actuacións e en grao de apelación pola Audiencia Provincial da Coruña, dictouse sentencia, que ten como encabezamento e parte dispositiva o teor literal seguinte:

«Sentencia: na Coruña o tres de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

No recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada polo Xulgado de Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, no xuízo de faltas número 111/1994, seguido por unha falta de lesións en agresión, figurando como apelantes Juan José Míguez Regueiro, Isidro Portela Martínez, Jimmy Rodney Bouza Caro, Miguel A. Beiras Blanco e José Manuel Cepeda Rodríguez; e como apelados o Ministerio Fiscal, Miguel Angel Alvarellos García, Marcóns Pena Vidal, Roberto Cepeda Rodríguez, José Mario Polo e Rafael Villar Picón.

Decido: que considerando en parte o recurso de apelación interposto por Jimmy Rodney Bouza Caro contra a sentencia dictada polo Xulgado de Instrucción número 2 de Santiago de Compostela, devo revocar e revoco en parte a dita sentencia e, na súa virtude, debo condenar e condeno a José Manuel Cepeda Rodríguez, Isidro Portela Martínez, Miguel Ángel Beiras Blanco e Juan José Míguez Regueiro, como autores criminalmente responsables dunha falta de lesións á pena de 10 días de arresto menor a cada un deles e a que indemnicen conxunta e solidariamente a Marcos Penas Vidal na cantidade de 30.000 ptas. e a Miguel Ángel Alvarellos García na cantidade de 12.000 ptas., así como, ó pagamento de cada un deles dunha sétima parte das custas procesuais, se as houber, e debo absolver e absolvo da falta de lesións, pola que no seu día foron acusados e un deles condenado a Rafael Villar Picón, Roberto Cepeda Rodríguez e Jimmy Rodney Bouza Caro, con expresa declaración de oficio das restantes tres sétimas

partes das custas procesuais, así como, das causadas neste recurso.

A presente sentencia é firme e contra esta non cabe ningún recurso ordinario.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación a José Mario Polo Rodríguez expido e asino en Santiago de Compostela, o dezanove de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

0485