Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 1996 Páx. 810

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (492/1995).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada no xuízo de cognición 492/1995, que se segue neste xulgado a pedimento de Mercedes Mougán Bouzón, representada pola procuradora Goimil Martínez, contra GYA Publicitarios S.L., do que se descoñece o seu domicilio actual, por medio da presente emprázase o referido demandado co fin de que, no prazo de nove días, compareza en autos en legal forma, coa prevención de que, de non facelo, será declarado en rebeldía, darase por contestada a demanda e notificaráselle a dita resolución e as demais que se dicten nos estrados do xulgado.

E para que lle sirva de emprazamento a Gya Publicitarios, S.L., expido a presente cédula, que asino e selo en Santiago de Compostela o vinte de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario xudicial

Rubricado

8538