Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 1996 Páx. 809

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE PRAVIA

EDICTO (138/1995).

Carlos Herminio Ortega Canal, secretario en funcións do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Pravia, certifica: que neste xulgado se seguen actuacións de xuízo de faltas nº 138/1995, por furto, no que se dictou sentencia, cun encabezamento e decisión que, copiados de forma literal, din:

«Sentencia: Pravia, vinte de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

Vistos por Ernesto Casado Delgado, xuíz de instrucción da vila e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo de faltas nº 138/1995 sobre furto, no que foron partes: o Ministerio Fiscal, en representación da acción pública; como denunciante, Paulino Vázquez Díaz e, como denunciada, Ana Bellido del Pino.

Decido: que debo condenar e condeno a Ana Bellido del Pino como autora dunha falta de furto do Art. 587.1º do Código Penal, á pena de 5 días de arresto menor e a que, en concepto de responsabilidade civil, indemnice a Paulino Vázquez Díaz na cantidade de 21.000 ptas, así como ó pagamento das custas procesuais».

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación no prazo de 5 días, contados desde a súa notificación, neste xulgado e para a Audiencia Provincial de Oviedo.

O secretario en funcións

Rubricado

95-8521