Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 1996 Páx. 809

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

CÉDULA de citación de remate (74/1995).

En virtude do disposto polo xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, nos autos de xuízo executivo nº 74/1995, promovidos por Curtidos del Norte, S.A., representado polo procurador Regueiro Muñoz, contra Manufacturas Rocarbi, S.L., entre outros, que se atopa en ignorado paradoiro, en reclamación de cantidade de 8.400.000 ptas. como principal e a de 3.500.000 ptas. que se calculan para xuros e custas; por providencia con data 20-12-1995, por ignorarse o paradoiro do expresado demandado e sen o previo requirimento de pagamento, acordouse o embargo dos seguintes bens: saldos en conta corrente, ou a prazo, ou calquera tipo de depósito a prol da demandada nas entidades bancarias seguintes: Banco de Bilbao-Vizcaya, S.A., Banesto, Banco de Galicia, S.A., Banco Gallego, S.A., Banco Pastor, S.A. e Banco de Madrid, S.A.; Caixa de Aforros de Galicia e Caixa de Aforros de Pontevedra.

Acórdase, así mesmo, verifica-la citación de remate por medio do presente edicto, na forma previda polo artigo 269 da Lei de axuizamento civil, e concédeselle ó mencionado demandado o termo de nove días para que compareza nos referidos autos e se opoña á execución, se lle conviñese, e signifícolle que están á súa disposición na secretaría deste xulgado as copias da demanda e documentos presentados.

Dado en Padrón o vinte de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado

8517