Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 1996 Páx. 809

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (232/1995).

Isabel Lado López, xuíz accidental do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira e o seu partido.

Fago saber que neste xulgado se segue expediente de xurisdicción voluntaria sobre declaración de herdeiros co número 232/1995 por instancia de Mª Carmen Torreira Arán, no cal se acordou anuncia-la morte sen testar de seu irmán Manuel Torreira Arán, que faleceu o día 10 de febreiro de 1990, na Baña, reclamando herdanza do seu irmán a través do referido expediente e perante este xulgado, os parentes seguintes:

-María del Carmen Torreira Arán.

-Manuel-Fermín Torreira Arán.

-José Torreira Arán.

-Arturo Torreira Arán.

Igualmente chámase ós que se crean con igual ou mellor dereito para que comparezan no xulgado reclamalo dentro do prazo de trinta días.

O que se publica para os fins e efectos oportunos.

Dado en Negreira o 20 de decembro de 1995.

O xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

8536