Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 1996 Páx. 809

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (44/1995).

En cumprimento do acordado por resolución do día da data, dictada polo xuíz de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira (A Coruña), faise saber que neste xulgado se tramita expediente de xurisdicción voluntaria, baixo o nº 44/1995, promovido por José Roberto Pazos Paredes, sobre declaración de falecemento de José Allo Antelo, nado no lugar de Outeiro, parroquia de Santa Cristina de Marcelle, municipio da Baña (A Coruña), o día 6 de novembro de 1895, fillo de Pedro Allo Antelo e de Rosa Antelo Liñares, quen emigrou a Cuba no ano 1911, sen que desde aquela se volvesen ter noticias súas.

O que para os fins previdos nos artigos 2.042 e seguintes da Lei de axuízamento civil, en relación cos 193 e concordantes do Código Civil, faise público mediante o presente edicto, o cal se publicará no Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de Galicia por dúas veces e cun intervalo de quince días, para os efectos legais e para que calquera persoa que o considere oportuno poida comparecer ante este xulgado para ser oída no mencionado expediente.

Dado en Negreira o vintesete de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

8539