Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 1996 Páx. 810

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (2/1995-M).

En cumprimento do acordado polo maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, Angel Pantín Reigada, en providencia dictada no día de hoxe, no xuízo de faltas número 2/1995-M, tramitado por inxurias e insultos, cítese a Antonio Hernández Regueiro, actualmente en paradoiro descoñecido, para o vindeiro día 2 de febreiro ás 11.50 horas, co fin de que compareza na sala de audiencia deste xulgado, para asistir á vista do correspondente xuízo, advertíndoo de que se non comparece recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito, e que deberá vir provisto DNI e os medios de proba de que intente valerse.

Santiago de Compostela, dezaseis de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

8437