Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 1996 Páx. 776

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (182/1995).

María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dá fe e certifica: que no xuízo de xustiza gratuíta que se tramita neste xulgado co número 182/1995, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

En Santiago de Compostela, o 18 de decembro de 1995, Angel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil incidental de xustiza gratuíta, substanciada polos trámites do xuízo verbal, seguido neste xulgado co número 182/1995 e como peza separada do procedemento de menor contía do mesmo número, no que actuaron, como parte demandante: sonia Silva Suárez, representada polo procurador dos tribunais Victorino Regueiro Muñoz e asistida polo letrado Ricardo Ferrer Jaureguízar, nomeados ambos de oficio, e no que se lle deu audiencia a Carmen Silva Penas, Manuel López Mouro, Carmen Gómez Moenlle e

a Jorge López Gómez, representado polo procurador Jesús Raposo, ó avogado do Estado e ó letrado da Xunta.

Decido.-Que admito a demanda presentada, e debo declarar e declaro o dereito á xustiza gratuíta de Sonia Silva Suárez, co obxecto de litigar en procedemento de menor contía por nulidade de escrituras fronte ós demais interesados, sen prexuízo do disposto nos artigos 28, 45 e 48 da LAC, e declaro de oficio as custas causadas. Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación perante a Audiencia Provincial neste xulgado, no prazo de cinco días desde a notificación, conforme o trámite previsto no artigo 733 LAC. Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e lles sirva de notificación ás persoas descoñecidas e incertas que puidesen ter relación cos autos, mediante a publicación no DOG, expido a presente cédula en Santiago de Compostela, o dezanove de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

0314