Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 1996 Páx. 776

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (8/1995).

Neste xulgado séguense autos de xuízo executivo co número 8/1995, a pedimento de Banco Central Hispanoamericano, S.A., representado polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, contra Mª Elena Pérez Pérez e Santiago Pemán García, en reclamación de 8.019.864 pesetas de principal, máis 4.000.000 de pesetas calculadas para xuros, custas e gastos, e nas súas actuacións e por resolución do día da data, acordouse sacar en pública poxa, por primeira vez o día sete de marzo de mil novecentos noventa e seis, ás nove trinta horas, na sala de audiencia deste xulgado e por termo de vinte días, os bens que logo se dirán.

A poxa axustarase ás seguintes regras:

1. Para tomar parte na poxa deberán os licitadores consignar na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, e deberán facilita-lo número de expediente ou procedemento seguinte 1590/17/00008/1995, e presenta-lo resgardo de ingreso, unha cantidade igual, polo menos, ó 20% efectivo do valor dos bens que sirvan de tipo para a poxa, e sen este requisito non serán admitidos.

2. Non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes do prezo da taxación.

3. Desde a publicación da poxa ata a súa celebración, poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, acreditando ter efectuado o depósito previo do 20% antes indicado.

4. Só o executante poderá facer oferta en calidade de cederlle o remate a un terceiro.

5. As cargas anteriores e as preferentes ó crédito do demandante, se existisen, quedarán subsistentes, sen que se dedique á súa extinción o prezo do remate, e enténdese que o rematante as acepta e queda subrogado nas responsabilidades e obrigas que delas se deriven.

6. Os títulos de propiedade dos bens que se sacan a poxa atópanse de manifesto na Secretaría deste xulgado, para que poidan ser examinados por quen desexe tomar parte na poxa, e prevéñense os licitadores de que deberán conformarse con eles e que non terán dereito a esixir ningúns outros.

7. No caso de que tivese que suspenderse calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana na que se sinalase a poxa suspendida.

8. O ben que se vaia poxar poderá ser examinado no domicilio do seu actual depositario, Francisco Javier Fachal Noguerido, con domicilio na Coruña, rúa Menéndez Pidal, 3-6º Dta.

Para o suposto de que non houbese ofertantes na primeira poxa, sinálase para a celebración da segunda o día oito de abril de mil novecentos noventa e seis, ás nove trinta horas da mañá, no mesmo lugar, con rebaixa do 25% do tipo da taxación, e subsistirán as demais condicións da primeira.

E para o caso de que tampouco houbese ofertantes na segunda, sinálase para a terceira o día oito de maio de mil novecentos noventa e seis, ás nove trinta horas, no mesmo lugar cás anteriores, sen suxeición a tipo; os que desexen tomar parte nela deberán face-lo depósito previo igual alí sinalado para a segunda, e persisitirán as demais condicións.

Sírvalle-lo presente edicto de notificación ós demandados Mª Elena Pérez Pérez e Santiago Pemán García, no caso de resultar negativa a dilixencia de notificación persoal.

Ben obxecto de poxa.

Turismo Volvo 480, matrícua C-8077-AP, bastidor nº XLBEX0636 KO547415, antigüidade, 17 de outubro de 1989.

Taxado pericialmente na cantidade de oitocentas mil pesetas (800.000 ptas).

Dado en Santiago de Compostela o quince de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario do xulgado

Rubricado

8489