Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 1996 Páx. 774

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO de poxa (198/1994).

En virtude do acordado por María del Coral Rodríguez Liñares, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, en resolución desta data dictada no Or. Suma. Hip. Art. 131 da Lei hipotecaria nº 198/1994, seguido neste xulgado por instancia do Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Victoriño Regueiro Muñoz, contra Miguel Ángel Álvarez de Toledo Saavedra e María

Ángela López Ledo, en reclamación dun préstamo con garantía hipotecaria, sácase a poxa pública, por primeira vez, o seguinte predio:

1.-Urbano, sito no lugar da Escravitude, parroquia de Cruces, concello de Padrón, ten forma irregular, alongada, e a súa superficie aproximada despois dunha recente medición é de 9.500 m. Linda, norte: con camiño vecinal da Escravitude a Cruces e camiño do monte do santuario e oeste: camiño de Cruces, enclavado de Blanca Vidal Rey e campo do santuario; sur: con predio de Eduardo Otero e adro do santuario da Escravitude; leste: camiño do monte do santuario. Todo el está choído por un muro de cantería da súa propiedade, que nalgunhas zonas ten zócolo de formigón. O seu acceso teno desde o campo do santuario á casa e o xardín dela, e ó resto do predio por dous portalóns situados, un no camiño de Cruces e outro no camiño do monte do santuario. Sobre el existe unha casa de planta baixa, piso principal e planta baixo cuberta, e ocupan cada unha das dúas primeiras 292 m e séndolles anexa unha banqueta de granito no seu lado esquerdo por baixo da que pasa un cano que conduce auga para un

pozo que se acha situado diante da casa e arrimado á súa fachada, do cal se serve soamente a casa que se describe; distribúese a planta baixa en vestíbulo, entrada, despacho, salón, comedor, cociña, oficio, lavadoiro, dormitorio e baño de servicio e aseo; a planta primeira en salón, catro dormitorios e distribuidores; e a planta baixo cuberta distribúese en cinco dependencias sen uso determinado. Así mesmo encol do predio existre un garaxe duns 50 m con fachada de 7 metros sobre o camiño de Cruces. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Padrón no tomo 521, libro 123, folio 115 Vtº., predio 1.329 duplicado.

2.-Piso baixo e parte principal do edificio, do que son anexos o xardín superior da casa, a adega posterior do edificio, o paso existente entre o xardín baixo da casa e a rúa da Hedra, e un tendedoiro que fai de tellado sobre a cociña e o corredor deste predio. Ten unha superficie construída aproximada de 450 m, e o seu acceso polo portal principal do edificio e polo portal de servicio. Pertence a este predio a zona da cociña, despensa, lavadoiro, habitación e baixo de servicio do piso principal, aínda que na actualidade non se ten realizado a división material. Distribúese en 18 dependencias, corredores, escaleiras e adegas. É dereito deste predio realizar un acceso directo desde o portal principal do edificio a través dunha alcoba que o comunicará co corredor actual de entrada e dereita do predio nº 1. Asígnaselle unha participación nos elementos e gastos comúns do 45%. Este predio está gravado cunha servidume de paso a favor do predio nº 2, polo paso existente entre o xardín baixo

da casa, pertencente ó predio dominante, e a rúa da Hedra, e que se estende sobre o edificio a que pertencen ámbolos predios e ó garaxe colindante da propiedade de Plácido Otero. O edificio matriz do que forma parte descríbese así: casa no termo da vila de Vilafranca do Bierzo, na rúa da Hedra e tamén de Saa

vedra nº 10, que se compón de piso baixo, entreplanta, principal e cuarto segundo, con adega, celeiro, corte, xardín con fonte e horta na súa traseira, e todo iso cunha cabida de 867 metros e 35 decímetros cadrados. Linda, fronte ou sur: en lonxitude de 29 de metros e 40 decímetros, coa r/ da Hedra ou Saavedra; traseira ou norte: horta de Jesús Témez e horta de Balbino Álvarez de Toledo; dereita segundo se entra ou nacente: casa de Emilia Castellanos Sánchez, e pola esquerda ou sexa, poñente, co predio segregado e xardín de Balbino Álvarez de Toledo. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Vilafranca do Bierzo, no tomo 1.082, libro 79, folio 64, predio nº 9.858.

O remate terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na r/ Tetuán s/n desta villa, o día 12 de marzo, ás 10.30 horas, previndo os licitadores:

Primeiro.-O tipo de poxa é para o predio nº 1 de 75.594.000 ptas. e para o predio nº 2 de 26.370.000 ptas., ámbolos dous fixados na escritura de préstamo, non se admitirán ofertas que non cubran a devandita cantidade.

Segundo.-Para tomar parte na poxa deberán os licitadores consignar na conta deste xulgado nº 157500018019894 do Banco Bilbao Vizcaya, o 20% da devandita cantidade, requisito sen o que non serán admitidos.

Terceiro.-Poderá facerse o remate en calidade de cedelo a un terceiro.

Cuarto.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderanse facer ofertas por escrito, en prego pechado, facendo o depósito a que se fixo referencia anteriormente.

Quinto.-Que os autos e a certificación a que se refire a regra 4ª do Art. 131 da Lei hipotecaria, estarán de manifesto na secretaría deste xulgado, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación achegada.

Sexto.-Que as cargas e os demais gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do actor, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Se non houber licitadores na primeira poxa, sinálase para a segunda o día 14 de maio, ás 10.30 horas, para a cal servirá de tipo o 75% da valoración; celebrarase unha terceira poxa, se é o caso, o día 14 de xuño, ás 10.30 horas, sen suxeición a tipo.

Dado en Padrón, 17 de xaneiro de 1996.

O secretario

Rubricado

316