Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 1996 Páx. 774

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (234/1995).

Lado López, xuíz do Xulgado de Primeira Primeira Instancia e Instrucción de Negreira e o seu partido, fai saber: que neste xulgado e co número 234/1995, se tramitan autos de xuízo verbal civil, promovidos por Manuel Blanco Grille contra Josefina Caamaño Soto, Dourino Forján Mayo, Manuel Mancebo Leis, Manuela Rojo, Manuela Rey Barreiro, herdeiros Florentino Sande Barreiro, Manuel Antelo Otero, herdeiros Gabriel Busto, herdeiros de Rogelio Grille Tomé, Bautista Sande Barreiro, Elena Otero, herdeiros de Manuel Grille Tomé, herdeiros de Blandina Gómez e herdeiros de Manuela Sande, sobre verbal civil, e nos seus autos acordouse citar a Manuela Rey Barreiro, herdeiros de Florentino Sande Barreiro, herdeiros de Gabriel Busto, herdeiros de Rogelio Grille Tomé, herdeiros de Manuel Grille Tomé, herdeiros de Blandina Gómez e herdeiros de Manuela Sande, e contra quen queira que sexa, persoa física ou xurídica, que se opoña ou pretenda oporse á constitución da servidume de paso á que se refire

este preito, para que comparezan na sala de audiencia deste xulgado á comparecencia que terá lugar o vindeiro día 22 de febreiro, ás 11 horas, e apercíboos de que, de non compareceren, continuarase o xuízo na súa rebeldía, sen volver a citalos.

Para que lles sirva de citación en forma ós expresados demandados e para a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto en Negreira, o un de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

El secretario

Rubricado

0525