Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 1996 Páx. 777

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación (730/1995).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres dos da Coruña, dou fe de que nos autos seguidos neste xulgado co número 730/1995, sobre salarios, a pedimento de José Fernández Rodríguez, contra Talbot Maritime Co e outra, recaeu auto, con data 12-1-1996 que, copiado nos particulares necesarios, di así:

Parte dispositiva: Luis Álvarez Fernández, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número tres dos da Coruña.

Acorda: Ter por ampliada a demanda contra Atlantic Union Trading Corporation, a quen se lle fará chega-la demanda e a que se cita ós actos de conciliación e xuízo, ó que deberá acudir con tódolos medios de proba dos que intente valerse para o día 8-2-1996, ás 10.40 horas, na sala de audiencia deste xulgado, edificios Novos Xulgados, rúa Monforte s/n, 1ª planta.

Expídase oficio á Axudantía de Mariña de Muros para os efectos solicitados, e accédase ó embargo preventivo solicitado.

Notifíqueselle á demandada por edictos. Contra esta resolución cabe recurso de reposición durante tres días ante este xulgado.

E para que así conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lles sirva de notificación en forma ás empresas,

expido e asino a presente cédula na Coruña o doce de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario xudicial

Rubricado

0376