Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 1996 Páx. 777

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 1995, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se publican as adxudiccións dos contratos de obra de construcción dun pavillón polideportivo no campus universitario da Coruña e oito máis.

Para os efectos previstos no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, esta secretaría acordou darlles publicidade ás adxudicacións de contratos de obras que se identifican de seguido.

1.-Resolución de licitación do 9 de agosto de 1995 (DOG número 159, do 21 de agosto) levada a cabo mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público con tramitación urxente.

1.1.-Obra obxecto de contrato: construcción dun pavillón polideportivo no campus universitario da Coruña (A Coruña).

Adxudicatario: Edibar, S.L.

Orzamento de adxudicación: 132.534.372 ptas.

Prazo de execución: oito (8) meses.

1.2.-Obra obxecto de contrato: construcción de pista de atletismo no campus universitario da Coruña (A Coruña).

Adxudicatario: Arias Hermanos, Construcciones S.A.

orzamento de adxudicación: 193.117.988 ptas.

Prazo de execución: dezaseis (16) meses.

2.-Resolución de licitación do 11 de agosto de 1995 (DOG 159, do 21 de agosto).

2.1.-Obra obxecto de contrato: construcción dunha piscina cuberta, 1ª fase, no centro galego de tecnificación deportiva, no concello de Pontevedra (Pontevedra).

Adxudicatario: Construcciones Ramírez, S.L.

Orzamento de adxudicación: 125.114.000 ptas.

Prazo de execución: seis (6) meses.

2.2.-Obra obxecto de contrato: construcción dun pavillón polideportivo no concello de Soutomaior (Pontevedra).

Adxudicatario: Dámaso José, S.L.

Orzamento de execución: 52.106.000 ptas.

Prazo de execución: sete (7) meses.

2.3.-Obra obxecto de contrato: construcción dun edificio de servicios nas piscinas municipais no concello de Tui (Pontevedra).

Adxudicatario: Consmuelfa, S.L.

Orzamento de adxudicación: 24.790.000 ptas.

Prazo de execución: seis (6) meses.

2.4.-Obra obxecto de contrato: construcción dun pavillón polideportivo, 2ª fase, no Xestal, concello de Monfero (A Coruña).

Adxudicatario: Cupabi, S.A.

Orzamento de adxudicación: 29.610.738 ptas.

Prazo de execución: seis (6) meses.

2.5.-Obra obxecto de contrato: pavillón polideportivo, 2ª fase, no concello de Maside (Ourense).

Adxudicatario: Construcciones Paraño, S.A.

Orzamento de adxudicación: 32.500.000 ptas.

Prazo de execución: catro (4) meses.

2.6.-Obra obxecto de contrato: reforma e ampliación do pavillón polideportivo no concello da Gudiña (Ourense).

Adxudicatario: Alicatados y Revestimientos Gómez Crespo, S.L.

Orzamento de adxudicación: 25.874.572 ptas.

Prazo de execuión: cinco (5) meses.

2.7.-Obra obxecto de contrato: construcción dun pavillón polideportivo, no concello da Merca (Ourense).

Adxudicatario: Dámaso José, S.L.

Orzamento de adxudicación: 55.000.000 ptas.

Prazo de execución: sete (7) meses.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 1995.

P.D. (O. 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

96-286