Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 1996 Páx. 744

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 26/1996, do 25 de xaneiro, polo que se declara de interese público a compatibilidade para o exercicio de actividades docentes coas propias do presidente do Consello Económico e Social de Galicia.

O Consello Económico e Social de Galicia creouse a Lei 6/1995, do 28 de xuño, como órgano consultivo en materia socioeconómica a través do que canaliza-la participación dos axentes económicos e sociais no proceso de adopción de decisións autonómicas.

Tendo en conta que o presidente do consello debe ser un profesional de prestixio achegado á realidade social e económica de Galicia, considerouse oportuno que fose un catedrático das uniersidades galegas vinculado a algunha das áreas sobre as que consello vai proxecta-la súa actividade.

Consultadas as entidades, organizacións e asociacións lexitimadas para estar representadas no consello, de acordo co previsto no artigo 8 da devandita lei, a maioría daquelas manifestou o seu parecer favorable a que fose nomeado presidente do Consello Económico e Social de Galicia un catedrático de dereito mercantil pertencente á Universidade de Santiago de Compostela.

De acordo co exposto e co previsto no artigo 3.1º da Lei 53/1984, do 16 de decembro, de incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas, e nas demais disposicións de aplicación, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecinco de xaneiro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artico único.

Declárase de interese público a compatibilidade para o exercicio das actividades propias de cátedras pertencentes a algunha das universidades de Galicia e vinculadas a disciplinas sociais ou económicas, coas de presidente do Consello Económico e Social de Galicia.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintecinco de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

0291