Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 1996 Páx. 744

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 25/1996, do 12 de xaneiro, polo que se lle recoñece a galeguidade ó Centro Galego Hijos de Arantey y Centro Villamarín Perojano (Buenos Aires-Arxentina).

En virtude do establecido no artigo 3, parágrafo 2º, do Decreto 3/1987, do 8 de xaneiro, publicado no DOG nº 12, do 20 de xaneiro, que desenvolve regulamentariamente a Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, logo de informe favorable da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día doce de xaneiro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-Recoñéceselle a galeguidade ó Centro Galego Hijos de Arantey y Centro Villamarín Perojano (Buenos Aires-Arxentina).

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, doce de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

557