Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 1996 Páx. 745

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 12 de xaneiro de 1996 pola que se fixa o prezo de venda ó público da publicación Análise Económico-Financeira das Corporacións Locais Galegas 1992-1993.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.-

1.-Queda aprobado o prezo de venda ó público da publicación editada por esta consellería que se relaciona no anexo.

2.-Este prezo entenderase con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 1996.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO I

Análise económico-finaceira das Corporacións Locais galegas 1992-1993: 2.500

96-362