Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 1996 Páx. 745

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 1996 pola que se fai público o acordo da Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos do 2 de decembro de 1995 polo que se prorrogan para 1996 as normas de desenvolvemento do Plan Intersectorial de Competitividade (PIC) 1995.

A Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos, na súa reunión do dous de decembro de mil novecentos noventa e cinco, adoptou, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, o acordo, que figura como anexo da presente resolución, de prorrogar para 1996 as normas de desenvolvemento do Plan Intersectorial de Competitividade para 1995, publicadas no DOG nº 148, do 3 de agosto de 1995.

Coa finalidade de facilita-lo coñecemento e aplicación do citado acordo, ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 1996.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

Acordo da comisión delegada da Xunta de Galicia para asuntos económicos do 2 de decembro de 1995.

Prorrógase para 1996 a vixencia do acordo da Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos do 23 de xuño de 1995 sobre normas de desenvolvemento do Plan Intersectorial de Competitividade (PIC) 1995.

0355