Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 1996 Páx. 745

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 02/0572/95, interposto por Rodolfo Rábade Díaz e outros.

Para os efectos de lle dar cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso Contencioso-Administrativo nº 02/0572/95, interposto por Rodolfo Rábade Díaz e outros, contra acordo da CPU da Coruña, do 7-7-1995, Expte. T.P. 017/95, sobre aprobación definitiva do programa de actuación urbanística do SUNP-«E» As Galeras, en Bastiagueiro-Liáns.

Esta consellería resolveu ordena-la remisión do expediente administrativo ó dito tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, segundo dispón o artigo 64 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, reformada pola Lei 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 15 xaneiro de 1996.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

0379