Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 1996 Páx. 690

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se formaliza a convocatoria dos aspirantes a nomeamentos e contratacións temporais do persoal estatutario nas institucións sanitarias xestionadas polo Servicio Galego de Saúde.

O 19 de xaneiro de 1996 publicouse no Diario Oficial de Galicia o pacto sobre nomeamentos e contratacións temporais de persoal estatutario que presta os seus servicios nas institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde, subscrito con data 21 de decembro de 1995 pola Administración sanitaria de Galicia e as centrais sindicais CIG, CC.OO., UGT, CSI-CSIF e SATSE, esa última en condición de adherida.

A norma xeral 4ª dispón que unha vez publicado o pacto no Diario Oficial de Galicia se convocará os aspirantes mediante resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde.

Por iso, esta dirección xeral,

DISPÓN:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes interesados en presenta-la súa solicitude de inscrición nas listas que se confeccionen en aplicación del, co fin de que no prazo máximo de 15 días naturais a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, formulen tal solicitude no modelo normalizado, xuntando a ela os xustificantes dos requisitos esixidos e méritos alegados. A presentación de solicitudes resulta requisito imprescindible para adquiri-la condición de aspirante inscrito na lista.

Os modelos de solicitude facilitaranse nas direccións provinciais do Sergas, e en tódolos centros sanitarios hospitalarios e xerencias de atención primaria dependentes delas.

As solicitudes poden ser presentadas nas direccións provinciais do Sergas, nos centros hospitalarios e mas xerencias de atención primaria dependentes delas.

Segundo.-Será preciso, en todo caso, que os aspirantes acrediten, con documentos orixinais ou copias fotoestáticas compulsadas, os méritos relativos á experiencia profesional e situación de desemprego, nos termos previstos nos correspondentes baremos do pacto. Sen embargo non será necesario achegar certificacións ou documentos xustificativos dos requisitos habilitadores e méritos relativos á formación académica, formación especializada e formación continuada e coñecementos da lingua galega xa tidos en conta baixo a vixencia do anterior pacto e que polo tanto aparecen, deste xeito, recollidos no expediente dos aspirantes; sen prexuízo de que se presenten necesariamente as certificacións ou

documentos que constaten méritos relativos ós catro extremos indicados.

Só se valorarán os méritos acreditados ata o día anterior á data de publicación no DOG desta convocatoria de acordo co disposto na citada norma xeral 4ª do pacto.

Será absolutamente necesario para a admisión e, se é o caso, valoración dos méritos dos aspirantes que se acheguen as certificacións acreditativas dos mesmos dentro do prazo de presentación de solicitudes. Calquera certificación achegada fóra do indicado prazo será rexeitada e excluída da valoración.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 1996.

Carlos Negreira Souto

Director xeral de Recursos Humanos

95-0042