Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 1996 Páx. 690

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de novembro 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4437 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., r/ Sáenz Díez, 95, Ourense.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico na zona.

Orixe da liña: derivación ó C.T. de Ludeiro.

Final: Ludeiro.

Situación do transformador: Ludeiro.

Características: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 886 metros, con postes de formigón. Centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA, 20.000/380-220 V ± 2,5%, sobre poste de formigón. Rede de baixa tensión en conductores R.Z.-95-50, cunha lonxitude de 990 metros, para mellora do servicio eléctrico en Fontelo e Ludeiro, no concello de Antas de Ulla.

Orzamento: 5.825.131 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual

Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 7 de novembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-0036