Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., r/ Sáenz Díez, 95, Ourense.
Finalidade: mellora do servicio eléctrico na zona.
Orixe da liña: C.T. de Chamoso.
Características: rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50-25, cunha lonxitude de 2.380 metros, tensión de distribución 380-220 V, para mellora do servicio eléctrico en Abuín e Chamoso, no concello do Corgo.
Orzamento: 4.680.000 pesetas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.
Lugo, 21 de novembro de 1995.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
9600271