Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 1996 Páx. 688

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE CULTURA

ORDE do 8 de xaneiro de 1996 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de un posto de traballo vacante na Consellería de Cultura.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública

de Galicia, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, un posto de traballo vacante que se relaciona no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a ela tódolos funcionarios que reúnan os requisitos que se esixen e se especifican no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Cultura (edificio administrativo de San Caetano, bloque 3, Santiago de Compostela), nas delegacións provinciais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administrativas públicas e do procedemento administrativo común. O prazo para a presentación de solicitudes será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O modelo de solicitude sinálase no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán unir á súa solicitude un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Quinto.-No caso de resultar seleccionado algún funcionario con destino noutra Administración pública tramitaráselle o seu traslado a esta Comunidade Autónoma e unha vez concedido pola súa Administración de orixe, procederase a adxudicarlle o posto para o que foi seleccionado. Se no prazo de dous meses a partir da publicación da resolución no DOG o funcionario seleccionado non puidese incorporase ó seu posto de traballo por non atoparse resolto o seu traslado á Comunidade Autónoma de Galicia, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG e poderase declarar deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior está na mesma localidade que a do novo destino, e dun mes se está en localidade distinta ou leva consigo o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación no DOG, ou desde a data na que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de funcionarios doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso o servicio, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución.

Oitavo.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo previsto na Lei reguladora da

xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día da súa publicación, despois de comunicalo a esta consellería segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 1996.

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura

ANEXO I

Número vacantes: 1.

Cód. posto traballo: CUC994030115001001.

Localidade: A Coruña.

Departamento: Arquivo do Reino de Galicia.

Posto de traballo: director/a do Arquivo do Reino de Galicia.

Grupo: A.

Nivel C. destino: 28 B.

Compl. Especif.: 1.376.844.

Tipo posto: S.

Corpo/escala: especial.

Formación específica: Facult. Secc. Arquivos.

458