Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 1996 Páx. 688

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 8 de xaneiro de 1996 pola que se nomea funcionario en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario a Gonzalo Ruiz Navarro, opositor que superou os procedementos selectivos de ingreso e acceso convocados por Orde do 28 de marzo de 1995 (DOG do 7 de abril) e está ocupando vacante dotada orzamentariamente.

Por Orde do 28 de marzo de 1995 (DOG do 7 de abril) convocáronse procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario en expectativa de ingreso na Comunidade Autónoma de Galicia.

O apartado 1 da base común 12 da citada orde establece que as prácticas terán por obxecto a valoración das aptitudes didácticas dos aspirantes que aprobaron a fase de oposición, realizándose nos destinos provisionais que lles corresponda co desempeño da función docente con plena validez académica.

No apartado 7 da base común 11 da mesma orde autorízase á Dirección Xeral de Persoal, por causa xustificada e a petición do interesado, a concede-lo aprazamento da fase de prácticas.

Finalizadas as causas que motivaron a concesión do aprazamento a Gonzalo Ruíz Navarro, e incorporado o seu destino provisional, procede o seu nomeamento como funcionario en prácticas.

Na súa virtude, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear funcionario en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario a Gonzalo Ruíz Navarro, disciplina de debuxo.

Segundo.-O nomeamento como funcionario en prácticas producirá efectos económicos e administrativos do 22 de decembro de 1995.

Terceiro.-O réxime retributivo dos funcionarios en prácticas será o establecido no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro, (BOE do 6 de marzo), polo que se fixan as retribucións dos funcionarios en prácticas.

Cuarto.-A Dirección Xeral de Persoal adoptará tódalas medidas e instruccións que sexan necesarias para o desenvolvemento da presente orde.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 1996.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

333