Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 1996 Páx. 614

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 1995 da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación dos expedientes sancionadores de pesca fluvial que se citan, devoltos polo servicio de correos. (Expedientes número P-280/95 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59º.4 da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto de 1993), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructor do procedemento a José Ángel Madarro Río, funcionario desta delegación; que poderá ser recusado en calquera momento do expediente de concorre-los supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, e determinarase para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, 197.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

ANEXO

-Expediente nº P-280/1995.

Denunciado: Abeledo Vázquez Sanjurjo.

Enderezo: Pintor Villamil, 23; Lugo-27004.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca en zona acoutada carecendo do permiso de couto.

Precepto sancionador: 34.10º.

Sanción: 50.001 ptas. de multa e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

-Expediente nº P-289/1995.

Denunciado: José Manuel Rico Álvarez.

Enderezo: Vilamayor-Trobo, 13, A Fonsagrada-27100; Lugo.

Feito denunciado: pescar a mán unha troita de tamaño inferior ó regulamentario, carecendo ademais de licencia de pesca; feitos constatados o día 17-7-1995.

Precepto sancionador: 33.9º, 34.1º e 34.11º.

Sanción: 75.000 ptas. de multa, 3.000 ptas. de indemnización e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

-Expediente nº P-295/1995.

Denunciado: José Manuel Lorenzo Fernández.

Enderezo: Poeta Aquilino Iglesias Alvariño, 19; Lugo-27292.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca non respetando as limitacións de tamaño fixadas pola Orde do 24-2-95 (DOG nº 50, do 13-3-95), ó ter pescadas 12 troitas de tamaño inferior ó regulamentario e non restituílas á auga.

Precepto sancionador: 33.9º.

Sanción: 20.000 ptas. de multa e 12.000 ptas. de indemnización.

-Expediente nº P-299/1995.

Denunciado: Marco Antonio Vigo Platas.

Enderezo: Avenida da Coruña, 148-2º; Lugo-27003.

Feito denunciado: adicarse ó deporte da pesca con cana nunha zona en que está prohibido facelo, estando ademais inhabilitado por resolución firme.

Precepto sancionador: 35.17º e 34.6º en relación ó artigo 30.

Sanción: 500.001 ptas. de multa e tres anos de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

Lugo, 21 de decembro de 1995

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

9600140