Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 1996 Páx. 615

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, sobre constitución, modificacións, disolucións e cancelacións das sociedades agrarias de transformación que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta secretaría xeral e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación da sociedade agraria de transformación, constituída conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 29 de abril de 1988, inscrita no Rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, así como as modificacións, disolucións e cancelacións que se citan.

A constitución de:

A sociedade agraria de transformación Souto Fao, S.A.T. nº 918 XUGA, de responsabilidade limitada, domiciliada en Arrueiro-Fao-Touro (A Coruña); obxecto social: explotación en común de terras e gandos; capital social: 600.000 pesetas; nº de socios: 3.

A modificación de:

A sociedade agraria de transformación Carabel Meangos, S.A.T. nº 799 XUGA, na asemblea xeral celebrada o 27 de novembro de 1992, acordou por unanimidade a baixa como socia de Celia Carabel Varela e en posterior asemblea do 7 de xullo de 1995 rectifica a anterior, tamén por unanimidade, no sentido de que non varíe o capital social, quedando fixado definitivamente en cinco millóns de pesetas. A xunta rectora da sociedade queda integrada por: Romualdo Claudino Carabel Varela, presidente; María José Carabel Varela, secretaria e Antonio Carabel Varela, vocal.

A sociedade agraria de transformación Seoane, S.A.T. nº 843 XUGA, na asemblea xeral celebrada o 2 de outubro de 1995, acordou por unanimidade a baixa dun socio e a alta doutro, non producíndose aumento do capital social, definitivamente fixado nun millón cincocentas mil pesetas e o nomeamento de nova xunta rectora, quedando integrada por: Xesús Seoane Taboada, presidente; Manuel J. Seoane Taboada, secretario e Esperanza Taboada Núñez, vocal.

A disolución de:

A sociedade agraria de transformación Huloga, S.A.T. nº 465 XUGA, por acordo da asemblea xeral celebrada o 9 de decembro de 1995, e por unanimidade, solicitan a súa disolución nomeando a comisión liquidadora.

A sociedade agraria de transformación Cruceiro-Budiño, S.A.T. nº 137, por acordo da asemblea xeral celebrada o 20 de decembro de 1995 e por unanimidade, solicita a súa disolución, nomeando a comisión liquidadora.

A cancelación de:

A sociedade agraria de transformación Huloga, S.A.T. nº 465 XUGA, por acordo da asemblea xeral

celebrada o 15 de decembro de 1995 e por unanimidade, solicita a súa cancelación no Rexistro Xeral de Sociedades Agrarias de Transformación de Galicia. Revisada a súa documentación, queda cancelada.

A sociedade agraria de transformación Cruceiro-Budiño, S.A.T. nº 137, por acordo da asemblea xeral celebrada o 21 de decembro de 1995 e por unanimidade, solicita a súa cancelación no Rexistro Xeral de Sociedades Agrarias de Transformación de Galicia. Revisada a súa documentación, queda cancelada.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 1995.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

00136