Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 1996 Páx. 616

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 4 de outubro de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñais en man común do monte comunal de Erbededo, a favor dos veciños de Erbededo, parroquia de Razamonte, no concello de Cenlle.

O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión celebrada o 4 de outubro de 1995, inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común do monte comunal de Erbededo, dunha superficie aproximada de 2'7 Ha., pertencente ós veciños de Erbededo, parroquia de Razamonde no concello de Cenlle, nomeándose instructores do expediente a Miguel Ángel González Trigás e José Manuel Baltar Blanco. O que se publica de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro (DOG nº 186, do 23-9-1992) polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 4 de outubro de 1995.

José Manuel Baltar Blanco

Instructor

00157