Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Lourenzá-Sur (Lourenzá-Lugo), declarada de utilidade pública e de urxente execución polo Decreto 2096/1978, do 23 de xuño, o seguinte:
Primeiro.-Con data 19 de outubro de l995, o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de Lourenzá-Sur (Lourenzá-Lugo), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.
Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no concello de Lourenzá e na zona, durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte día en que sexa publicado o último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no diario de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello.
Terceiro.-No prazo dos trinta días que se din, cabe interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, podendo os recorrentes presentalo na Xefatura do Servicio de Estructuras e Desenvolvento Rural (Ronda da Muralla, 197, 1º, Lugo), nas oficinas centrais da
consellería (edificios San Caetano, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias as que fai referencia o artigo 38º.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por se mesmo ou por representación, facéndose constar no escrito un domicilio dentro do termo municipal para efectos das notificacións que procedan.
Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia do 14 de agosto de 1985).
Lugo, 21 de decembro de 1995.
Fernando López Gutiérrez
Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural
00135